Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

O Bergantiños reinvéntase unha tempada máis

Reinventarse ou morrer, esa parece ter sido a filosofía do Bergantiños durante este mercado de verán. Tan só tres xogadores continúan da temporada pasada, con respecto á que tamén cambia o adestrador. Simón Lamas susitúe a Jorge Cuesta á fronte do banco das Eiroas e contará co eterno Santi Canedo, Fito e Meli como renovacións.

Os outros dezasete xogadores do plantes carballés son incorporacións, aínda que algúns, como é o caso de Blas Alonso, xa estiveran antes no clube. “Está sendo unha pretempada nova, en tanto que moitos dos integrantes do equipo son novos. A intención é a de que todos se adapten o máis rápido posible ao equipo, ao campo e a Carballo en si. Para que esas sinerxias entre xogadores empecen a fluir precisamos un pouquiño máis de tempo, pero en liñas xerais estou moi satisfeito”, explica Simón Lamas.

Con tanta xente nova no equipo, o normal é que a adaptación e a formación dun bloque sexa máis lenta do habitual, ao ter que crearse relacións tanto dentro coma fóra do césped, pero no Bergantiños o seu adestrador afirma que “para nada”. “Temos un perfil de xogadores moi parecidos, que están na veintena e que teñen moitísimas ganas e ilusión por facer un bo ano. Que veñen a Carballo intentando dar un paso máis nas súas carreiras, a traballar moi ben e a crecer como futbolistas. O clube é moi familiar e facilita todo isto. Ademáis, temos no vestuario algún xogador que é o típico líder que axuda a isto”, engade o preparador.

Durante o que vai de pretempada, o Bergantiños está cosechando uns bos resultados, sobre todo a nivel defensivo, onde logrou encaixar moi poucos goles e manter a portería a cero en máis dunha ocasión.

Ademais, varios deses resultados positivos chegaron contra equipos dunha categoría superior coma son o Racing de Ferrol, o Lugo ou o Celta Fortuna. “Nós como corpo técnico analizamos os partidos más alá dos resultados, como se dan, quen domina, como somos capaces de dominar desde a fase defensiva, desde a fase ofensiva... Analizando todo iso estou contento porque creo que o equipo recibe poucas ocasións de gol e é capaz de xerar, diría que en todos os partidos, máis có rival. Iso fainos estar ledos porque o equipo vai sendo competitivo e vai facendo as cousas ben”, sinala Lamas.

Problemas no lateral

A defensa foi a parcela que máis reforzou o Bergantiños. Sen embargo, tan só firmou a tres laterais puros: Blas Alonso, Antonio Sola e Adolfo González. Nun dos últimos amistosos, Blas Alonso sufriu unha lesión no xeonllo e podería ter que pasar polo quirófano. Xogador, médicos e clube están aínda debatindo que decisión tomar, se seguir un tratamento máis conservador ou optar por unha operación que podería facer que estivera máis tempo afastado dos terreos de xogo.

Dependendo da duración final da baixa de Blas, o Bergantiños podería plantearse acudir ao mercado para fichar outro lateral, onde están contando tamén coa presenza de Amin. ”Estamos moi contentos con Blas, pero temos que buscar o mellor para el e para o clube. O importante para el é recuperarse e ter calma. Estamos analizando todas as posibilidades e nos próximos días tomaremos unha decisión”, explica Lamas.

Polo demais, o plantel estaría pechado salvo por algunha oportunidade que puidera xorder nestes últimos días de mercado. “Podería haber algunha chegada sub-23. Hai moitas posibilidades e as estamos valorando, pero creo que estamos moi ben agora mesmo como estamos. Necesitamos certas garantías para encarar a tempada, pero os vinte xogadores que temos agora mesmo están dando unha calidade de traballo bestial e estou encantado con eles. Se aparece algo que nos mellore, que nos faga ter máis alternativas e sexa diferente ao que temos, valorarémolo”.

O último capítulo en canto a saídas protagonizouno William Peña, que puxo rumbo á Sarriana tras facer a pretempada co Bergantiños. “Preferiu ter máis minutos noutro clube, cousa que creo que é de eloxiar porque faino saír da zona de confort del e vaille facer crecer. Pola miña parte, tamén quero eloxiar a postura do clube, que foi a idónea”, explica Lamas.

Coa Sarriana coincidirá esta tempada o Bergantiños na Segunda Federación, unha categoría que o preparador do conxunto carballés define como “moi complicada e igualada”. Como favoritos na zona alta, Simón Lamas ve a Numancia, Salamanca, Ávila e Ximnástica Segoviana, dos cales tres serán rivais seus no inicio da liga. “Categoría igualada, categoría esixente. Creo que temos equipo para competir en todos os escenario e o primeiro obxectivo é que nas Eiroas se escapen poucos puntos, facernos fortes na casa”, sentencia o novo adestrador do Bergan.