Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Deporte

Lete celebra os últimos éxitos dos padexeiros galegos

0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, asistiu hoxe á segunda xornada do Selectivo Nacional de Piragüismo Sprint que está a ter lugar no Complexo de Regatas David Cal en Verducido.

O secretario xeral celebrou a clasificación para a Copa do Mundo de Racice (República Checa) dos catro padexeiros galegos que obtiveron excelentes resultados o pasado verán en Tokio -Antía Jácome, Teresa Portela, Carlos Arévalo e Rodrigo Germade- así como de outros cinco deportistas da comunidade como serán Carolina García, Sara Ouzande Claudia Couto, Adrián Sieiro e Cristian Toro.

O mandatario galego manifestou especialmente a súa ledicia ao comprobar in situ o excelente rendemento do K4 feminino nacional que, grazas ao ‘Programa de alto rendemento na modalidade muller kayak’ -froito dun convenio asinado entre a Xunta e as federacións nacional e autonómica- forma ás sete mellores padexeiras nacionais en Verducido ata os Xogos de París de 2024, nos que Lete asegurou que Teresa Portela acadará a súa sétima participación olímpica. Neste sentido, coa participación das tamén galegas Sara Ouzande e Carolina García no K4 feminino e a de Carlos Arévalo e Rodrigo Germade no K4 masculino, Lete Lasa afirmou que “máis da metade da tripulación dos mellores barcos nacionais e os que contan con maiores opcións para París, é galega”.

Cómpre salientar que Verducido tamén acolle dende agosto de 2021 a preparación dos adestramentos do Campionato do Mundo das categorías junior, sub-23 e absoluto na modalidade de canoa masculina e feminina de augas tranquilas; así como o desenvolvemento do programa de alto rendemento na modalidade de canoa masculina en augas tranquilas.

0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara