Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Deporte

Aberto o segundo prazo da Coruña10

Boas noticias para todos aqueles que quieran participar na Coruña10. O Concello de A Coruña confimou a apertura do segundo prazo para esta carreira popular que se celebrará o próximo 23 de abril.

Esta proba, que cumprirá a súa edición número décimo sétima, é a máis multitudinaria do trazado coruñés, que está organizada polo Concello e cuxo circuíto está homologado pola Real Federación Española de Atletismo.

Ao peche do primeiro prazo de inscrición, un total de 2.367 corredores formalizaron a súa participación na proba. As inscricións, cuxo precio é de 10 euros, fanse a través da páxina web www.carreirasgalegas.com ata o día 16 de abril ás 23.59 horas.

Asemade, tamén haberá un prazo extraordinario, que será entre os días 17 e 18 de abril, nos que o prezo subirá ata os 20 euros.

As inscricións pódense formalizar no horario comercial nos departamentos de Deportes dos centros de El Corte Inglés na Coruña (Rúa Ramón y Cajal), Santiago de Compostela (rúa do Restollal) e Vigo (Gran Vía) de maneira presencial ata o sábado 15 de abril.

A carreira

A carreira ten un perfil chairo na súa totalidade. A saída e a meta estará situada en Porta Real e a proba atravesará os Cantóns, Linares Rivas, a estrada do porto e o interior dos peiraos.

As primeiras persoas clasificadas na Coruña10 obterán distintos premios económicos en función da categoría e a súa procedencia. Haberá un total de 9.700 euros para os mellores corredores e corredoras.

Ademais, aquelas persoas participantes que batan o récord da proba tanto na categoría masculina (28’09”) como na feminina (31’40”) obterán un premio de 2.000 euros.