
A Deputación da Coruña abriu o prazo para propor candidaturas á II edición dos Premios do Deporte que convoca a institución para recoñecer ás persoas e entidades da provincia.
O prazó rematará o 31 de xaneiro. Poderanse presentar cantas candidaturas se desexen, sempre que non sexa máis de unha por categoría, e admitiranse as autocandidaturas. Ademais, as persoas que forman o xurado, que estará presidido polo deputado de Deportes, Antonio Leira Piñeiro, e cinco xornalistas, poderán tamén facer propostas ao resto dos membros do xurado.
As bases establecen 15 categorías: deportista masculino, deportista feminina, deportista veterano masculino, deportista veterana feminina, deportista promesa masculino categoría base, deportista promesa feminina categoría base, deportista con diversidade funcional masculino, deportista con diversidade funcional feminina, adestrador, árbitro/xuíz, entidade colaboradora, evento deportivo, entidade na promoción do deporte de base, entidade na promoción do deporte inclusivo e premio a toda unha vida dedicada ao deporte.