Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Polideportivo

O coruñés Daniel Souto fai historia en Valdoviño

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O surf galego vén de acadar un novo fito no panorama internacional: o coruñés Daniel Souto proclamouse campión de Europa na categoría V2 (visión baixa parcial) no campionato de surf adaptado celebrado en Valdoviño.

Souto perdeu visión por mor dun cancro. Esta mesma semana a Asociación Internacional de Surf (ISA) certificou a súa presenza na categoría V2 para a súa participación no Campionato de Europa.

Trátase dun éxito sen precedentes do surf galego, que reafirma a Daniel como un dos deportistas dista modalidade con máis potencial a nivel mundial. De feito, o herculino conta con moitas posibilidades para lograr o ouro no Mundial que celebrará en California nas vindeiras datas.

O surf adaptado galego conta cun grande nivel nacional e internacional. En 2021, outro coruñés, Carlos Dopico, convertiuse no primeiro campión de surf adaptado galego da historia tras acadar a vitoria no Campionato de España celebrado en Nigrán.

O éxito de Daniel Souto non é o primeiro continental acadado por un deportista galego. Sen ir máis lonxe, no último Europeo de SUP disputado en Dinamarca, Guillermo Carracedo proclamouse campión de SUP Ondas e Esperanza Barreiras acadou o ouro de longa distancia e a prata na carreira de praia.

Parte de responsabilidade destes éxitos do surf galego correspóndelle á Federación Galega de Surf e o seu Núcleo de Adestramento Deportivo Especializado (NADE) que contribúe a identificar e reter o talento deportivo que se atopa diseminado polos clubs do territorio da Comunidade Autónoma e traballar nas futuras metas dun deporte que xa é olímpico dende Tokio 2020 da man do seu coordinador Coque Araújo.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620