Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

Xisco, “un dos nosos”, recibiu unha homenaxe de Old Faces e Riazor Blues

O pasado sábado, o colectivo deportivista Old Faces, coa participación tamén dos Riazor Blues, efectuou unha homenaxe ao ex xogador branquiazul Francisco Jiménez Tejada ‘Xisco’, que anunciou a súa retirada profesional o pasado mes de xaneiro.

Xisco3

“Este pasado sábado tivemos a oportunidade de renderlle a merecida homenaxe a un ex xogador do Deportivo que ven de retirarse do fútbol hai ben pouco: Xisco”, expresa este grupo de seareiros.

“Para moitos de nós representou no campo o orgullo e paixón que os seareiros do Depor senten nas bancadas. A súa dedicación, entrega e a súa identificación co noso escudo e a nosa cidade, fan que Xisco forme parte da historia moderna do noso club. E con todo o dereito”, subliñan.

Xisco4

“Na homenaxe houbo unha pequena presentación para despois ver un vídeo e facerlle entrega dun pequeno obsequio. Durante a presentación e o vídeo, Xisco estivo visiblemente emocionado, feito que corroborou cando lle tocou falar para agradecernos de corazón a homenaxe celebrada. Por que él é iso, corazón, emoción, amor branquiazul. E por iso tiña que ter este recoñecemento pola nosa parte”.

“Os nosos nunca marchan, sempre fican no corazón da xente. E ti, Xisco, es un dos nosos”, sentencian.