Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento, área que dirixe o edil José Manuel Sande, abrirá esta semana o prazo de inscrición para participar na sexta edición do Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre. Baixo o lema Nacida para correr , a serie de sete probas, que comezará o próximo 5 de novembro, percorrerá distintos barrios da cidade e manterá os prezos de inscrición e bonificacións para distintos colectivos do ano pasado, co obxectivo de facilitar a participación entre públicos de todas as idades. Así, a primeira carreira terá lugar o próximo 5 de novembro no barrio de Novo Mesoiro, e a serie continuará o 3 de decembro nos Rosales.

Primeira proba
A primeira proba de 2018 terá lugar o día 14 de xaneiro en Matogrande, e xa en marzo o sábado día 31, terá lugar a nocturna da Torre de Hércules. O circuíto volverá no mes de xullo, coa Cross San Pedro de Visma o día 1, e pechará a sexta edición coas probas de Oza, o 9 de setembro, e do Ventorrillo, que terá lugar o 23 de setembro.

O prazo para solicitar a participación no Coruña Corre poderá facerse desde a apertura das inscricións para a carreira de Novo Mesoiro e ata a data de peche das solicitudes da terceira proba, a de Matogrande.

Precios asequibles
A este respecto, o Concello manterá os prezos das dúas últimas edicións: 10 euros para o público xeral de máis de 18 anos, gratuíto para menores de idade e 7 euros para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove. Este colectivo tamén obterá descontos na cota de inscrición para cada unha das distintas carreiras, que será 1euro, mentres que o prezo para as e os demais corredores que non estean inscritos no circuíto será dos euros. (agás as e os menores de idade).

Para participar nas carreiras e obter un dorsal será necesario inscribirse en cada unha das probas. O que non será necesario para correr no Circuíto, pero si para puntuar no sistema de cronometraxe e figurar nas clasificacións, será o uso do chip. As e os corredores que non dispoñan do mesmo poderán adquirilo por 12 euros.

DA V EDICIÓN. Onte se entregaron os trofeos ás e aos atletas gañadores

O centro Ágora acolleu onte, desde as 19.00 horas, a gala final do V Coruña Corre, na que entregarán os trofeos correspondentes as categorías benxamín, alevín, infantil, cadete, xuvenil, junior, promesa, senior, veteranos, especial e familiar, así como un obsequio a todas e todos os deportistas que finalizaron as sete probas do circuíto municipal O evento, que contará coa participación do concelleiro José Manuel Sande, tamén dará a coñecer a imaxe da sexta edición do circuíto de carreiras, que quedou demostrado o interese dos participantes.

0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica