Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

A Concellería de Culturas, Deporte e Coñecemento vén de abrir o prazo de inscrición para participar na terceira das probas do circuíto Coruña Corre desta tempada. Tras visitar os barrios dos Rosales e Novo Mesoiro, a serie de carreiras populares achegarase o 14 de xaneiro a Matogrande para celebrar a terceira edición dunha proba que percorre, fundamentalmente, tanto o barrio como a rede viaria do Campus de Elviña.

Así, a carreira da categoría absoluta, que comezará ás 10.30 horas, terá a súa saída e meta na rúa Sebastián Martínez Risco, á altura co Colexio Liceo La Paz, e o seu trazado continuará por Juan Díaz Porlier, Enrique Mariñas Romero e Montes ata chegar á avenida da Universidade, onde o grupo rodeará distintas facultades antes de iniciar a volta cara a Matogrande.

Será un circuíto de 6.625 metros que suporá o inicio das probas populares do ano que vén e, á vez, a cita previa ao Medio Maratón Coruña21, que se celebrará o 18 de febreiro e cuxo prazo de inscrición xa está aberto.

Terceira edición
Todas as persoas que desexen participar nesta III Carreira Popular de Matogrande (tanto as que xa estean apuntadas no circuíto como as que non) poderán formalizar a súa inscrición até as 23.59 horas do mércores 10 de xaneiro a través da web www.coruna.gal/carreiraspopulares ou de forma presencial na oficina de Viaxes El Corte Inglés en avenida de Rubine, nº 3-5, de 09.30 a 14.00 horas e de 16.30 a 20.00 horas.

Para as persoas que non formen parte de Coruña Corre, a súa cota de inscrición será de dous euros (agás para as e os menores de idade, que é gratuíta) mentres que, para as persoas desempregadas, maiores de 65 anos ou usuarias do Carné Xove, será deun euro. Os dorsais poderán recollerse no Colexio Liceo La Paz o sábado 13 de xaneiro, de 11.00 a 20.30 horas, así como o propio domingo 14 de xaneiro ata unha hora antes do inicio de cada carreira.

No recinto escolar, ademais, situarase tamén o servizo de duchas e gardarroupa o día da proba, cuxa entrega de premios será ás 13.00 horas. Toda a información sobre as probas das diferentes categorías e os seus horarios de saída, sistema de clasificación e premios está dispoñible no regulamento da proba, que se pode consultar, ao igual que o do Circuíto, no web www.coruna.gal/carreiraspopulares.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina