Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

A sub-16 logra un histórico pleno e soña con acceder á fase final

0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara

Excelente estrea de Roberto Álvarez como seleccionador Cadete, logrando por primeira vez este pleno de puntos na primeira fase do Nacional.

A sub-16 fíxose co dominio da pelota e do xogo desde o inicio, deixando claras as súas intencións, e o mellor reflexo foi o primeiro gol. Un auténtico golazo. Roubo de balón de Penín en banda, parede con Miguel, avance ata a liña de fondo e pase ó centro donde entrou o deportivista Peque totalmente só. Pero si algo teñen as seleccións cántabras é unha enorme competitividade e só cinco minutos despois logrou o empate nunha acción a balón parado.

Galicia fixo unha gran primeira parte e creou opcións de sobra para chegar ó descanso por diante no marcador, pero o balón non parecía querer entrar. Penín foi unha bala pola esquerda e el creou unha boa opción no 28, ainda que a máis clara tívoa Peque nun man a man no que disparou fóra por centímetros. Un centro-chut de Juan Pereiro ó longueiro e posterior rexeite que desaproveitou Novoa, e outra moi clara de Miguel de cabeza foron as opcións máis nítidas da primeira parte.

A segunda metade foi algo máis equilibrada, con alternancias. Galicia adiantouse de novo, nesta ocasión cun gol de Penín aproveitando un rexeite nunha acción a balón parado. Pero de novo chegou moi pronto a resposta cántabra en forma de empate. Só tres minutos máis tarde unha serie de erros e rexeites permitiron a Pablo Torre facer a igualada.

Contrariamente ó que puidera pensarse polo feito de xogar dous partidos en dous días foron os cántabros e non os galegos os que máis acusaron o esforzo físico. Os nosos foron en busca do gol da vitoria e este chegou nunha acción de moito mérito. Acción a balón parado, saque en corto e Damián pon un centro medido para a cabeza do seu compañeiro Gael, que executou un remate precioso e imparable.

Quedaban catro minutos máis o desconto e os de Munitis tentaron de novo un empate que xa non chegou, rematando o partido con ese 2-3 para Galicia. Unha vitoria con dedicatoria para Iker Piedra, porteiro galego que causou baixa nos dous partidos debido a un proceso gripal.

0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara