Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Deporte

Posta de longo dun ilusionante 30º aniversario

0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara

A praia de Pantín (Valdoviño) acolleu este luns a presentación da trixésima edición do Pantín Classic, o campionato de surf máis antigo e internacional de cantos se celebran en España, na que participaron representantes das diferentes institucións e empresas que colaboran na organización deste evento deportivo que, do 29 de agosto ao 3 de setembro, reunirá a algúns dos mellores surfistas do planeta.

O acto contou coa asistencia do deputado provincial Bernardo Fernández; o conselleiro de Política Social, José Manuel Rey; a directora xeral de Turismo, Nava Castro; os alcaldes de Valdoviño e Ferrol, Alberto González e Jorge Suárez, entre outras autoridades e representantes das entidades patrocinadoras do evento.

Fernández destacou “a gran magnitude” que alcanzou a competición nos seus trinta anos de historia e suliñou que foi unha das pioneiras en “promover a práctica do surf en Galicia, cando era un deporte moito menos coñecido.

Pola súa banda, Castro destacou a importante repercusión do evento a nivel turístico, e puxo de relevo a importancia de “coidar e manter o medio ambiente, posto que a natureza é o primeiro motivo polo que os turistas elixen Galicia”.

Vicente Irisarri, un dos precursores do Pantín Classic e ex alcalde de Ferrol, destacou o longo traballo realizado ao longo destas tres décadas para consolidar  a competición coma unha proba de referencia a nivel mundial. “Nestes anos, pasaron moitas cousas, pero seguen presenten as ondas de sempre”, afirmou Irisarri, que apuntou que o Pantín Classic tamén serviu para “unir a mozos de todas as culturas en torno ao mar”.

0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica