Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

Derrota pola mínima da sub-18

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

Non puido completar a selección sub-18 o pleno triunfal na primeira xornada da primeira fase do Campionato de España que se celebra en Las Palmas de Gran Canaria. O equipo dirixido por Secho non tivo un bo día en ataque ante un rival que tampouco fixo moito pero que sí aproveitou unha das súas escasas ocasións para marcar o gol que decidiu o encontro.

Foi un partido equilibrado e case sen oportunidades de gol. Galicia tiña máis a pelota, pero os canarios xogaron con moita intensidade e buscaban a contra con moito perigo. Así crearon a súa primeira oportunidade que rematou Flores cun disparo cruzado. Unha acción individual de Álex Pérez con boa resposta do porteiro canario e un remate de cabeza desviado de Álex Ramos foron as únicas opcións de gol galegas na primeira metade. Pero é que os anfitrións tampouco se achegaron moito máis á portería de Pablo Brea. A diferenza foi que no minuto 41 Marcos Lozano recibiu un pase longo cruzado, aproveitou o erro defensivo e marcou un gran gol cun remate cruzado, imparable para Brea.

Un gol que fixo dano ó equipo galego e que obrigaba a unha complicada remontada que non chegou. A Galicia costoulle moito crear perigo aínda que conforme foi avanzando o partido os intentos eran máis acentuados, pero ningunha chegada se concretaba en ocasión clara de gol.

Por contra, os canarios aproveitaban os espazos lóxicos deixados polo combinado galego para achegarse á portería de Brea, que estivo moi atinado nun par de paradas coas que mantivo vivo o partido ata o final.

Pero o empate non chegou e a Galicia quédalle agora sumar os tres puntos contra Cantabria para dese xeito chegar á segunda fase con algunha opción de clasificarse para a fase final.

\“A nivel de resultado a valoración non pode ser positiva\”, declarou José Manuel Martínez ‘Secho’, seleccionador galego, que agregou as claves para acadar un resultado positivo contra Cantabria: \“Temos que aprender e crecer mentalmente para ter a paciencia suficiente ante equipos que se pechan para non equivocarnos na toma de decisións".

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina