
O pasado fin de semana tivo lugar na praia do Ézaro o campeonato galego das categorías alevin, infantil e cadete de salvamento. Mais de 200 deportistas se deron cita neste fermoso lugar onde 26 pequenos socorristas deixaron ao Club Salvamento Arteixo nun moi bo lugar.
O equipo alevín realizou un campionato moi bo demostrando un gran nivel nas probas de táboa e slalom costa, destacando Daniel Canedo, Nicolás Blanco e Ariadna García. Conseguiron o 1º posto no relevo sprint e chicos e o 2º posto no relevo sprint en chicas. As medallas sumadas ós grandes postos logrados fixo que conseguiran alzárse co título de mellor club alevín.
Nas categorías infantil e cadete as numerosas baixas mermaron un pouquiño o equipo ó non poder realizar varios relevos, a pesar diso completaron un campeonato moi completo. Destacando a medalla en relevo táboa masculino cadete de Dani Capelán e Miguel García.
Con ésta campeonato queda finalizada a temporada para os “pequenos” do club, hora de recargar pilas e volver en setembro.