Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Deporte

A nocturna da Torre será unha nova etapa do circuíto

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A sétima edición da proba Torre de Hércules-Trofeo José Antonio Valera Calviño, cuarta cita do V Circuíto de Carreiras Populares Coruña Corre, celebrarase este sábado.

Tras pasar polos barrios de Novo Mesoiro, Os Rosales e Matogrante, o Circuíto Coruña Corre achégase a Adormideras e ao bordo litoral de Monte Alto e Cidade Vella. A carreira, que comezará ás 21.00 horas no caso da categoría absoluta, terá a súa meta e saída ao pé da Torre de Hércules e contará cun trazado de 6.675 metros que percorrerá o Paseo Marítimo desde o agra de San Amaro até a rotonda das Ánimas. O  peche de control será ás 22.15 horas e, unha vez realizado este, procederase á entrega de premios.

As probas das categorías inferiores (prebenxamín, benxamín, alevín, infantil, cadete  e xuvenil) sucederanse pola tarde, dende as 17.15 até as 19.20 horas.

Os dorsais para a carreira poderán recollerse no Frontón da Cidade Deportiva da Torre este sábado dende as 11.00 horas ata unha hora antes do comezo de cada unha hora das carreiras. O Circuíto Coruña Corre volverá no mes de xuño, co Cross San Pedro de Visma o día 25 e, tras o parón estival, pechará a quinta edición da serie de carreiras coas probas de Oza (a dos tres parques), o 10 de setembro, e do barrio do Ventorillo, que terá lugar o 24 do mesmo mes.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620