Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

O Deportivo Abanca recibirá a medalla de ouro

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O extraordinario éxito acadado polo primeiro equipo feminino do RC Deportivo non podía pasar desapercibido na Gala do Fútbol Galego 2019 que se vai celebrar o venres na Cidade da Cultura de Galicia, en Santiago de Compostela. A xunta directiva da Real Federación Galega de Fútbol acordou concederlle ao RC Deportivo Abanca a Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo, galardón que recibirá o presidente Paco Zas xunto a unha representación do equipo.

Para o club e para o fútbol feminino galego o ascenso do Deportivo á Liga Iberdrola, a máxima categoría do fútbol feminino español, representa un enorme avance e un paso decisivo de cara a evolución do fútbol feminino na nosa comunidade. El Olivo de Vigo xa militara na máxima categoría, pero por aquel entón o fútbol feminino non contaba co respaldo dos grandes clubs profesionais e estaba moi lonxe do lugar que ocupa agora mesmo. Aquel foi un gran primeiro paso que seguiron outros clubs.

Desde a Real Federación Galega de Fútbol (RFGF) queren recoñocer a aposta realizada polo RC Deportivo no ámbito do fútbol feminino, o traballo do corpo técnico e das xogadoras e, sobre todo, queren recoñocer a relevancia deste xeito para todo o fútbol feminino galego.
Paco Zas, presidente branquiazul, e unha representación do equipo recollerán o galardón durante a gala. Serán o presidente da RFGF, Rafael Louzán, e o secretario Xeral para o Deporte, José Ramón Lete, os que lle fagan entrega da medalla.

Preto de 50 galardóns
Serán preto de medio centenar as personas, clubes e instituciones premiadas na gala do venres.Os galardóns están divididos en seis bloques. Oza Juvenil SD, premiado polo seu traballo de canteira, Edu Expósito, premio Galicia en Goles ao Mellor xogador do Deportivo, o Laracha, Trofeo Quinocho á Deportividade Galicia en Goles, e Eligio Nogueiras, do Marino de Mera, distinción a Toda unha Vida, son outros coruñeses homenaxeados. l

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620