Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

Eloxios para un Rolan que “non ten permiso de traballo”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O adestrador do Deportivo, Fernando Vázquez, eloxiou onte ao dianteiro uruguaio Diego  Rolan e explicou que por agora non pode contar con el ao non dispoñer do “permiso de traballo” para xogar en España.

Rolan pertence ao club herculino desde 2018 e foi inscrito esta tempada en Segunda División  B, categoría na que se estreará coa camiseta branquiazul en partido oficial despois de non competir como deportivista nin en fútbol profesional.

“Foi unha sorpresa a súa inscrición no persoal, pero é unha sorpresa positiva. É un futbolista claramente que marca diferenzas, especialmente na categoría na que estamos. Falei con el e está disposto a participar, pero está o seu estado de forma e tamén o estado legal. Non ten permiso de traballo”, indicou nunha rolda de prensa telemática que ofreceu tralo adestramento.

Vázquez lembrou que  Rolan empezou “a adestrar” co Deportivo esta semana despois de moitas traballando pola súa conta.
“Hai que ir con calma. En primeiro lugar, a nivel de adestramentos, e logo, que arranxe o que ten que arranxar”, sinalou o de Castrofeito.

Adri Castro
O preparador tamén falou sobre o fabrilista Adri Castro.

“De principio non o sei cal vai ser o rol. Será un rol que el se terá que gañar, para empezar. Pero de inicio, non sei como estará Rui, que non vai a chegar ao primeiro partido, Rolan tampouco, así que o máis probable é que no primeiro partido quedará con nós. Vai compartir Fabril e primeiro equipo e a posibilidade de que se quede no primeiro equipo e cando teña oportunidade de xogar, que demostre. Dependerá del”, dixo.

Outro dos nomes propios foi o de Yago Gandoy: “Digamos que a lectura que fago de Gandoy e que é un rapaz que podería xogar perfectamente en calquera zona do mediocampo. A el gustalle máis xogar no medio, incluso como organizador ou defensivo, pero está capacitado para xogar como volante, como un 8, un 10... ten que aprender, traballar e por aí el non falla. É un rapaz concentrado, intelixente, do que esperamos moito e imos ver como se desenvolve”, explicou. Á pregunta de se bota en falta un extremo esquerdo, dixo: “Non. Porque Lara adaptase a esa circunstancia. Non é un centrador, que vaia chegar e poida centrar, pero ten outra capacidad combinativa, asociativa por dentro... Keko xoga perfectamente pola banda dereita. Se o tiveramos estariamos máis completos, pero non o imos botar de menos”.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620