Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

Peche a unha gran campaña

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Preto de 900 persoas déronse cita no salón Museo da Cidade de Cultura de Galicia, en Santiago, para asistir a unha nova edición da gala do fútbol galego, a única que abrangue a todos os estamentos e especialidades do noso fútbol.

Unha festa de todos que contou coa presenza dos secretarios xerais de Deportes, José Ramón Lete, e de Política Lingüística, Valentín García, da concelleira de Deportes de Santiago, Esther Pedrosa, do deputado de Deportes da Deputación da Coruña, Antonio Leiras, de presidentes de clubs e de diferentes personalidades.

Unha gala presentada polos xornalistas deportivos Paula Montes e César Méndez e amenizada pola banda musical Cachas&Cousins, de Santiago, e polo humorista Oswaldo Digón.

A Real Federación Galega de Fútbol aproveitou esta celebración para realizar unha serie de distincións especiais, sendo a principal novidade desta edición a recuperación da entrega das Medallas ao Mérito Deportivo da Federación.

Recibiron a medalla de ouro o Deportivo Abanca e as medallas de prata, Lis Franco e Manuel Mosquera, entre outros. O Oza Juvenil SD, pola súa labor no fútbol base, Eligio Nogueiras, do Marino CF, premio ‘Toda unha vida’, o Laracha CF, premio Quinocho á deportividade, e Edu Expósito, mellor xogador do Deportivo, foron outros premiados de índole coruñesa.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620