Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

Vázquez: “Parecía que gañaramos unha final”

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

Fernando Vázquez trasladou a felicidade do plantel despois do triunfo, a última hora, ante o Salamanca na primeira xornada da tempada.

“O equipo estaba tenso ao principio, como si fora a primeira clase, porque non sabes o nivel respecto aos demáis. No vestiario parecía que gañaramos alguha final, o plantel soltou amarras, estaba moi feliz. Temos un grupo extraordinario e esa cualidade de peleón e traballador vaina ter sempre e esperemos que invulnerable tamén”, dixo.

Recoñeceu que o equipo comezou “bastante tenso e con pouca fluidez”.

“Sen publico penso que non gañariamos o partido, penso que nos fixeron gañar. Parecía o campo cheo. A primeira manifestación da nosa afección foi incrible. O partido non foi espectacular por parte do Depor, temos que mellorar moitísimo, o equipo tense que desenvolver doutra maneira, cun fútbol máis fluido e rápido. Fáltanos un estado de forma mellor en moitos futbolistas, chispa e electricidade e polo tanto o potencial do equipo está por ver”, advertiu.

Tívose que sentar na grada e aproveitou o descanso para facer “correccións”.

“Non estou na banda e costame máis traballo. É complicado explicar matices de mover a pelota e expliqueilles algunhas cousas no descanso”, relatou.

“A prioridade é que os futbolistas se encontren ben, no estado e forma axeitado e a partir de aí mellorar a nivel xeral. A razón diso é que fomos recibindo futbolistas e falta traballo colectivo”, recoñeceu o adestrador.

Hai marxe de mellora. “Xa me gustaría que as individualidades funcionaran ao seu nivel. Creo que non estamos dando o nivel no aspecto individual e colectivamente tampouco e os partidos nos darán ese ritmo necesario”, declarou.

De Gandoy, asistente, dixo que “ten unhas cualidades que non son exactamente as de Álex, Uche ou Borges, e foi unha nota positiva. Saiu enchufado e fixo o que tiña que facer”.

Tamén confesou que “técnicamente” non estiveron “correctos” e así “é difícil levar a pelota á portería contraria con eficiencia”.

O que menos lle gustou foi que o equipo está “lonxe do ritmo, especialmente en ataque”, que se require. “Tamén sabemos a que nos vamos a enfrontar a partir de agora, sistemas con acumulación de xogadores trala pelota”, recordou.

Sobre os xogadores de banda, precisou que ten a Keko e Lara e cando quere “modificar” non ten “non tes mais remedio que con outros de corte diferente, de corte máis interior”.

Neste senso, dixo que ten “casi todo” no plantel que confeccionou Richard Barral, ainda que “non son exactamente posicións dobradas”. “Os cambios levan aparellado un cambio de estrutura do equipo e esas son cousas que me gustan”, finalizou.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620