
O equipo senior da Escola Acordes de Oleiros participará na I fase da copa do Mundo de Ximnasia Estética de Grupo que se celebrará esta fin de semana en Tartú (Estonia), dentro do Miss Valentine, evento que acolle dita cita xunto outras competicións de nivel internacional de Ximnasia Ritmica.
O conxunto senior da EX Acordes obtivo a clasificación para esta Copa tras quedar primeiro clasificado na categoria feminina e segundo na xeral da I fase da Copa de España celebrada o pasado decembro en Cartagena.
É o segundo ano que o clube participará no Miss Valentine, xa que o ano pasado competiron na categoría junior. O equipo deste ano en senior tentará ter unha boa actuación e gañar experiencia neste tipo de competicións internacionais.
O equipo está formado por Irene Riveira, Claudia Remeseiro, Andrea Serra, Natalia Sotelo, Paula Pérez, Noa Blanco, Paula Vicente, Brenda Romero, Elena Carro, Laura Nieto, Eva González e Arancha Baizán.
A representación galega se completa co equipo junior do Acordes de Narón que tambén participará nesta I Copa do Mundo.










