Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Más Deporte

Iglesias, a por outro éxito

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

O secretario xeral para o Deporte, José Ramón Lete Lasa, e o director xerente de Galicia Calidade, Alfonso Cabaleiro, participaron na onte na presentación da participación do piloto monfortino Eduardo Iglesias no seu segundo Rally Dakar, tras o éxito acadado na edición de 2020 na que rematou entre os cen primeiros motoristas e na que tamén estivo patrocinado pola Xunta.

Para a edición de 2021, que volverá celebrarse en Arabia Saudí, a Secretaría Xeral para o Deporte e Galicia Calidade colaborarán co piloto lucense a través de senllos contratos que patrocinan as accións promocionais da participación do Club Team Monforte Rally no Dakar.

Millóns de seguidores

Nas súas verbas, Lete Lasa destacou a importancia de que os emblemas da Xunta de Galicia, Xacobeo, Deporte Galego e Galicia Calidade viaxen na moto de Eduardo Iglesias nesta segunda aventura xa que chegarán a máis de 200 millóns de telespectadores que desfrutan desde as súas casas dun dos rallis máis famosos do mundo e, sen dúbida, o máis perigoso. Neste sentido destacou a “xesta de Eduardo de principios de ano baseada no esforzo, o sacrificio e a constancia e que ten moito que ver cos tempos que corren”. “Eduardo Iglesias triunfou no seu primeiro Dakar e non teño dúbida que o Deporte  Galego e toda Galicia tamén triunfarán na súa loita contra a pandemia”, sentenciou.

Pola súa banda, Alfonso Cabaleiro destacou a Eduardo Iglesias como “o único motorista galego que vai participar na vindeira edición do Dakar”. Ademais, indicou que, do mesmo xeito que “Galicia Calidade certifica produtos e servizos galegos pola súa procedencia e pola súa calidade, tamén é un selo que se pode estender a Eduardo polo feito de ser galego e polo protagonismo que vai ter nunha das probas máis duras do motor”.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620