Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos

José Ramón Lete, secretario xeral para o Deporte, presentou onte o Torneo de categoría alevín ‘Fútbol no Camiño’ do CD Sampayo dentro do programa ‘O teu Xacobeo’ da Xunta.

Este programa responde á maior convocatoria aberta da historia de Galicia con máis de 350 proxectos aprobados e un investimento de case cinco millóns de euros que “beneficiarán a cidadáns e entidades de toda a comunidade, tamén a través da práctica deportiva, impulsando un Ano Santo 2021 que será o mellor para Galicia e para Vigo”, explicou.

“Desde a Xunta apostamos por  cohesionar, por xerar comunidade e por fortalecer os lazos que unen a todos os galegos, e aos galegos co resto do mundo”, engadiu.

O secretario xeral lembrou que Vigo é –con 730.000 euros na última tempada e sete millóns nos últimos 10 anos para clubs– “a cidade galega que máis investimento recibe da Xunta de Galicia para a súa actividade deportiva”. Vigo conta, dixo, con “centenares de clubs e de equipos, moitos deportistas e directivos, eventos deportivos, que estenden pola cidade hábitos de vida activos e saudables,  promotores dun Vigo e dunha Galicia máis deportivas, máis modernas e mellores”.

Do mesmo xeito, o secretario xeral destacou a aposta da Xunta polo deporte base como demostra cada ano no seu programa Xogade que xunta toda a oferta deportiva en idade escolar (federada e non federada) promovida polo Goberno galego. A Xunta de Galicia contou na tempada 2018-2019 con 128.586 nenos e nenas mutualizados.

O Torneo de ‘Fútbol no Camiño’ celebrarase o 14 e o 15 de setembro no Campo de Fútbol Federativo de Coia (Vigo). Agárdanse unhas 700 persoas que asistirán ao torneo e entre os equipos participantes  estarán o Deportivo e o Ural como representantes coruñeses.

0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251121_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina