Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

Álex Antón: “Buscamos competir ao máximo nivel e dar todo de nós”

620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

Álex Antón, o novo adestrador do Xuvenil A do Deportivo, non tivo que agardar moito para encarar a semana do seu primeiro derbi como técnico branco e azul. Este domingo, en Abegondo, Depor-Celta.

O preparador deportivista sinala que prevé “un partido moi igualado. Enfrontámonos ao Celta fai un mes, pero en liga será un encontro moito bonito para os xogadores de ambos equipos e o que menos se equivoque vai ter moito gañado”.

Álex, técnico do Lugo (tamén de Xuvenil de División de Honra) o pasado curso, avisa de cal serán as intencións do seu equipo no ‘miniderbi’. “O de sempre: intentar dominar, xogar coa pelota en campo contrario e ser moi verticales cando consigamos roubar”, explica o míster do Depor.

Tal vez a xornada 2 é demasiado cedo para que se dispute un partido destes quilates, pero tocou así. “É un partido moi motivante para todos. Posiblemente, dentro de oito ou nove xornadas os equipos xa estean máis conxuntados porque, ao ter un filial enriba, tivemos a moitos xogadores no Fabril durante a pretemporada. Creo que será un encontro moi atractivo porque é o Depor-Celta de categoría máis alta qu se pode xogar esta tempada”.

Sobre a importancia do partido, Álex engade que “temos que tratar a semana como unha máis sabendo o contexto real e que o partido é máis relevante que os rapaces que xogar contra outro rival”.
Tivo que controlar o corpo técnico a euforia dos seus xogadores durante a semana? “Transmitímoslle normalidade. Ao final é un partido máis no que hai tres puntos en xogo e non vai pasar nin cambiar nada o domingo. Buscamos competir ao máximo nivel e dar o máximo de nós e, se o acadamos, puntuaremos ou gañaremos o partido”.

O Xuvenil A do Deportivo adestra esta mañá por última vez na semana antes do encontro ante o Celta B. “Dar a convocatoria é o peor para un adestrador. Tratamos de darlle a importancia xusta pero para eles é moi duro quedar fóra dun partido así”.

O rival
Sobre o rival, Álex comenta que “ten extremos moi verticales, bos interiores que intentan recibir á espalda de liña de medios. É unha xeración nova que terá que adaptarse”.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina