Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

Iago Blanco: “É normal que haxa cambios tras esta tempada”

0620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

Onte pola mañá saltaba a nova de que Iago Blanco, xunto a outros tres xogadores, non continuaría no Bergantiños despois de dúas tempadas e non tardaron en chamalo varios equipos de Terceira División. O potente extremo de Arteixo de 24 anos ten decidido agardar uns días para tomar unha boa decisión en firme sobre o seu futuro.

Sorprendido pola decisión?
Por unha parte si e por outra non. Creo que era una xogador importante nos plans do míster pero, coñocéndonos Miguel e eu, non estabamos aportando todo o que debíamos.

Como cho comunican?
Quedei con Miguel hoxe pola mañá (por onte). Primeiro preguntoume pola miña visión da tempada e el tamén me comentou a súa versión. Decidimos que o mellor para os dous sería separar os nosos camiños deportivos.

Baixaches o nivel esta tempada con respecto á anterior?
Máis que baixar o nivel, non me atopei tan cómodo nalgúns aspectos.

En que foi diferente este Bergan ao do ano pasado?
Houbo cambios na plantilla e na maneira de xogar. Pasamos do 1-4-3-3 a un 1-4-4-2 e, en certa medida, eu fun un dos perxudicados dese cambio. Despois, a relación que teño con Miguel, ademais da de xogador e adestrador, é persoal. En certos momentos pode desgastar e calquera decisión pode estar condicionada.

Queda dañada a túa relación con Miguel?
Para nada. Creo que o máis importante é ser honesto e sincero. A tempada pasada prioriceino a el pero este ano creo que é a decisión máis axeitada para os dous. Pola miña parte, a nosa amizade segue aí e estou seguro que pola súa tamén.

Qúedache algunha espiña?
Qúedanme varias. Unha pola pasada tempada, xa que creo que foi inxusto que quedáramos eliminados, aínda que non fastidiou tanto por ser ante un equipazo como o Badajoz. Esta tempada quedei máis doído pola forma da eliminación e polo rival. Sen menospreciar a ninguén, na eliminatoria fomos moi superiores. Despois está esa acción clave no partido de volta na que, en certo modo, son responsable polo fallo.

Cantas noites lle deches volta a esa xogada?
Moitas noites e tamén moitos días. Adestro un equipo de alevíns e se algo lles pido é que se atrevan. Calquera decisión que tomen ten a consecuencia de poder acertar ou fallar, pero hai que atreverse sen ter medo a equivocarse. Nesa acción estaba confiado, non vin a Rodri, que estaba só. Si vin a Rivera vir detrás, pero decidín tirar porque o vin claro. E fallei, pero hai que asumilo con responsabilidade e naturalidade.

Quixeches ver a xogada en vídeo?
Vina bastantes veces. Analizándoo a posteriori todo é máis fácil. Cando nos marcaron o 2-1 veume á mente, pero durante o partido non me afectou tanto. Seguino intentando con total naturalidade.

Chegou máis xusto o Bergan a este tramo final de tempada que ao da anterior?
Aínda que o míster tratou de repartir os minutos nas últimas xornadas, na última semana houbo xogadores que chegaron bastante xustos.

O Bergan anunciou catro baixas de golpe. Necesita un cambio o equipo?
Penso que si. Tal e como se desenrolou a tempada, é normal que haxa cambios. Por nada malo, pero un sempre se vai acomodando e a veces fan falta para crear competitividade e motivación na plantilla.

Que ten pensado para o futuro Iago Blanco?
Se aparece algo de Segunda B, gustaríame intentalo. Creo que estou no momento tanto pola idade como pola miña situación persoal, xa que acabo agora a carreira. E se non, o mellor que apareza de Terceira.

En que cambiaches como futbolista na última tempada?
Miguel sempre empregou en tres posicións: banda esquerda, dereita e punta. Creo que podo aportar cousas diferentes.

En que posición cres que lle das máis a un equipo?
Depende do campo, do rival e do que queira o adestrador. Xogando de dianteiro aporto profundidad, na dereita centro e desde a esquerda teño máis facilidad para meterme para dentro e poder finalizar.

Que che gustaría mellorar?
Teño que mellorar no aspecto colectivo á hora de crear o xogo, non perder balóns de espalda... Teño que mellorar o xogo coa esquerda porque abre o dobre de posibilidades e tamén o xogo áereo.

Que tipo de adestrador che gustaría atopar agora?
Creo que me adapto a moitas forma de xogar. Quero un adestrador que me dea confianza.

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina