Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Deporte

Marta Míguez constitúe a Comisión Galega de Control da Violencia

0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Secretaria Xeral para o Deporte, Marta Míguez Telle, presidiu onte o acto de constitución da Comisión Galega de Control da Violencia, un órgano que dará cobertura e resposta ás denuncias que se produzan no contexto da práctica de competicións oficiais deportivas de ámbito autonómico, provincial, zonal ou local, toda vez que a Comisión Estatal contra a violencia, o racismo, a xenofobia e a intolerancia no Deporte dá cobertura ás competicións oficiais deportivas de ámbito estatal. 

Despois de que o Consello da Xunta  aprobase o 31 de maio de 2018 o decreto polo que se regula a composición e funcionamento da Comisión Galega de Control da Violencia e o procedemento sancionador na materia, hoxe ésta quedou constituída e posibilitará actuar directamente e non só en vía de revisión de decisións federativas en temas de violencia. 

A Secretaria Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, Marta Míguez salientou que “a constitución desta Comisión era unha demanda da sociedade ante as imaxes que todos temos gravadas na retina de enfrontamentos entre espectadores, insultos aos deportistas e aos árbitros ou comportamentos nada desexables de adestradores” e asegurou que “a nosa prioridade é a de prevención,  sensibilización e a educación nos valores do deporte”. No caso de que para protexer eses valores sexa preciso sancionar, advertiu, “farémolo con firmeza”.

Ata agora, a nivel autonómico, só o Comité Galego de Xustiza Deportiva podía actuar ante un incidente violento sempre que se producise unha denuncia, en vía de recurso ou apelación, dentro do exercicio da potestade disciplinaria deportiva.  
Agora, Galicia convértese nunha das primeiras comunidades autónomas do país en poñer en marcha esta útil ferramenta para a erradicación da violencia no ámbito deportivo.

Esta Comisión reunirase como mínimo dúas veces durante o ano natural, as suas funcións organizaranse en dous grupos: preventivo e sancionador.

En todas as funcións da Comisión Galega de Control da Violencia se terá en conta de xeito transversal a integración da perspectiva de xénero e a promoción da igualdade entre mulleres e homes.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620