Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

O futuro do fútbol dáse cita en Narón co Gran Premio Deputación da Coruña

O torneo reúne esta fin de semana 94 equipos e máis de 1.000 deportistas no campo de Río Seco

Antonio Leira, Valentín González Formoso e Rafael Pazos na sinatura do convenio entre a Deputación da Coruña e a SCDR Narón
Antonio Leira, Valentín González Formoso e Rafael Pazos na sinatura do convenio entre a Deputación da Coruña e a SCDR Narón
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50
beowner620

A Deputación da Coruña dá un novo impulso ao Torneo Internacional Cidade de Narón, que nesta edición pasa a celebrarse como Gran Premio Deputación da Coruña e reunirá 94 equipos e máis de 1.000 nenos e nenas no Estadio Municipal de Río Seco.

O presidente da Deputación, Valentín González Formoso, e o presidente da Sociedade Deportiva, Cultural e Recreativa Narón O Freixo, Rafael Pazos Louro, asinaron o convenio de colaboración que supón a incorporación da Deputación como principal patrocinador dun  evento que nos últimos anos se consolidou como unha das grandes citas do fútbol base en Galicia e a nivel estatal. No acto participou tamén o deputado provincial de Deportes, Antonio Leira.

A Deputación achega 90.000 euros, o 80% do orzamento total do torneo, cifrado en 112.500 euros, unha contribución que permitirá potenciar a dimensión deportiva, organizativa e promocional dunha competición que continúa medrando ano tras ano.

“O futuro do fútbol dáse cita esta fin de semana en Narón”, destacou González Formoso, que salientou a importancia de que a Deputación “se incorpore con forza a un evento que xa demostrou a súa capacidade de crecemento e que ten todas as condicións para seguir gañando peso no calendario do fútbol base”.

O presidente provincial subliñou que “falamos de máis de mil rapaces e rapazas, 94 equipos e centos de familias que durante varios días van converter Río Seco nun auténtico punto de encontro arredor do deporte”.

Formoso destacou tamén o traballo desenvolvido pola SDCR Narón O Freixo para facer medrar a competición, que chega á súa 11 edición, e sinalou que o novo apoio provincial busca “dar estabilidade, reforzar a organización e contribuír a que o torneo siga dando pasos adiante, tanto en participación como en proxección exterior”.

Na competición participan benxamíns e alevíns dos grandes equipos galegos e españois como o Deportivo, Celta de Vigo, Sporting de Gijón, Real Oviedo, ou Cultural Leonesa. Tamén veñen á competición equipos de Portugal, Alemania ou Italia que fan do mesmo un gran escaparate da canteira dalgúns dos mellores equipos de fútbol europeos.

A cita continúa medrando ano tras ano en participación, público e repercusión. A pasada edición reuniu arredor de 3.500 espectadores e a organización traballa co obxectivo de superar os 5.000 asistentes nesta edición.

Seis días de fútbol base en Río Seco

O Gran Premio Deputación da Coruña – XI Torneo Internacional Cidade de Narón desenvolverase os días 4, 5 e 6 de setembro (cunha fase previa os días 1 e 2) nas instalacións do Estadio Municipal de Río Seco e contará con competición nas categorías benxamín e alevín.

O torneo comezará cunha fase previa e continuará cunha ampla fase principal na que competirán os equipos, distribuídos en oito grupos de cinco na categoría alevín e seis grupos de cinco en benxamín.

A competición desenvolverase simultaneamente en catro campos de fútbol 8, dous de herba natural e dous de herba artificial, o que permitirá manter unha intensa programación deportiva ao longo da fin de semana.

Os partidos da fase previa, primeira fase e Fase Prata terán unha duración de 20 minutos, mentres que os da Fase Ouro serán de 25 minutos. As semifinais e finais disputaranse en dous tempos de 15 minutos.

Fases Prata e Ouro

Tras a primeira fase, os equipos distribuiranse entre as fases Prata e Ouro en función dos resultados obtidos nos respectivos gruposNa categoría alevín, os dous primeiros de cada grupo accederán á Fase Ouro, mentres que o resto disputará a Fase Prata. En benxamíns, serán os tres primeiros clasificados de cada grupo os que continúen na Fase Ouro. O sábado celebrarase a Fase Prata, coa correspondente entrega de premios, mentres que o domingo será a quenda da Fase Ouro, con fase de grupos, cuartos de final, semifinais e finais. O torneo recoñecerá tamén o mellor xogador e o mellor porteiro de cada categoría, ademais dos trofeos para os primeiros clasificados.

Un evento con impacto deportivo e económico

O crecemento do torneo nos últimos anos converteuno nunha cita con impacto máis alá do ámbito estritamente deportivoA presenza de 94 equipos e máis de 1.000 deportistas suporá tamén a chegada a Narón e á comarca de centos de familiares, adestradores e acompañantes, cunha repercusión directa na hostalaría, restauración e comercio local.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620