Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol

As vacas dunha granxa ecolóxica buscan equipos femininos de fútbol para patrocinar polo 8M

Casa Grande de Xanceda, en colaboración ca Real Federación Galega de Fútbol, patrocinará a dez conxuntos seleccionados entre todos os participantes

As vacas dunha granxa ecolóxica buscan equipos femininos de fútbol para patrocinar polo 8M
As vacas dunha granxa ecolóxica buscan equipos femininos de fútbol para patrocinar polo 8M
Casa Grande de Xanceda
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

As vacas ecolóxicas de Casa Grande de Xanceda, unha granxa familiar galega, buscan equipos femininos e rurais de fútbol para patrocinar. Esta é a iniciativa da marca para celebrar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, na que colabora a Real Federación Galega de Fútbol.

A acción busca dar visibilidade aos equipos femininos de fútbol situados en localidades de menos de 15.000 habitantes, amosando unha vez máis o apoio da granxa ao rural e ás mulleres e nenas. A campaña forma parte das accións de RSC de Casa Grande de Xanceda para amparar ás mulleres do rural.

Os requisitos para participar son os seguintes:

  1. Ser un equipo feminino rural e estar moi orgullosas de selo.
  2. Estar situado nun concello que non supere os 15.000 habitantes.
  3. As xogadoras deberán levar as novas equipacións co icónico print de vaca na tempada 2026-2027.

Un total de dez equipos poderán optar a dito patrocinio. A mecánica é sinxela: o equipo deberá subir á web futbolistasdelaleche.com un vídeo divertido, tolo e cos valores da campaña. Terán algo máis dun mes de prazo para facelo e será a propia granxa quen escolla eses 10 equipos. Todos os vídeos deberán estar subidos antes do 20 de abril de 2026, sendo esta a última data para participar.

Ademais, para coñecer con máis detalle a mecánica de participación e ver exemplos de como sumarse á iniciativa, a granxa compartirá toda a información no seu perfil de Instagram, onde os equipos interesados poderán descubrir en que consiste a campaña e como presentar os seus vídeos. 

Desde Casa Grande de Xanceda explican que lles fai “moita ilusión” que “as do rural xoguen de cowprint”. Este deseño de camiseta non é unha novidade: a granxa xa vestiu así ás xogadoras do Abellá S.D.C., as súas veciñas, en 2025 na campaña “As do rural xogan”, que quería “visibilizar o mérito e o traballo dos clubs rurais para que as nenas e mulleres practiquen o deporte rei”.

As vacas dunha granxa ecolóxica buscan equipos femininos de fútbol para patrocinar polo 8M
As vacas dunha granxa ecolóxica buscan equipos femininos de fútbol para patrocinar polo 8M
Casa Grande de Xanceda

Ao fío disto, Casa Grande de Xanceda converteuse en patrocinador do equipo feminino do Abellá para esta tempada 2025-2026. “Nada nos dá máis orgullo que ver ás nosas veciñas disputar os partidos coas manchas de vaca nas súas camisetas”. 

A campaña abre tamén unha xanela para que dous equipos non rurais participen e poidan optar ao patrocinio. “Entendemos que pode haber concellos que superen os 15.000 habitantes pero que, aínda así, teñan equipos que se sintan moi rurais, que pertenzan a parroquias, aldeas ou pequenos barrios e, polo tanto, son tamén muuuuy benvidos á campaña”, explican desde a granxa.

En colaboración ca Real Federación Galega de Fútbol

Nesta ocasión, Casa Grande de Xanceda conta coa colaboración da Real Federación Galega de Fútbol, que formará parte da promoción da campaña, a cal se lanzará o mesmo día do partido organizado pola RFGF para promover a igualdade, un clásico por estas datas. Este ano participaron Fátima Pego, que realizará a lectura do manifesto; Noelia Rey, presentadora da TVG; Lara Menses, Directora Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia; e Lucía Seoane, Concelleira da Estrada, entre outros. 

Ademais de buscar eses dez equipos para patrocinar, a granxa colaborará coa Real Federación Galega de Fútbol noutras accións que promoven a igualdade e a participación da muller no deporte.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620