Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Fútbol | Modestos con Talento 39

David López: “Non faltaron as bromas dos compañeiros por non saír na acta”

O atacante do Marte festexou ante o líder Carral un gol que non contabiliza para as súas estadísticas

David López intenta robar un balón durante un Marte-As Pontes
David López intenta roubar un balón durante un Marte-As Pontes
CEDIDA
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A polivalencia permítelle a David López (Ordes, 2000) actuar en calquera das posicións do ataque do Marte. Onde lle pida o técnico Celso Otero. Desa forma está a gozar unha primeira experiencia no fútbol coruñés que alcanzou o seu punto máis álxido para el con dous goles nos dous últimos partidos.

Acaban de gañar ao líder Carral. Como foi?

Foi un partido bastante igualado. Eles tiveron máis ocasións no global, pero nós tivemos tres moi claras na primeira metade e marcamos nunha delas o gol. Na segunda estivemos cerrados, esperando o que propoñían, pero soubemos sufrir.

De que forma chegou o seu gol que decantou o partido?

A partir dunha xogada no medio campo que acabou co balón en Gabri. Cun control orientado eliminou ao central co que estaba emparellado e filtrou un pase ao espazo que aproveitei para definir de primeiras.

Doe a curiosidade de non saír na acta?

Da algo de rabia. Simplemente é unha anotación, pero para unha vez que meto dous goles seguidos… Houbo bromas dende o primeiro momento de todos os compañeiros (risas).

Tivo que ver o gol ante o Carral co de Cedeira?

Non. Ese foi de falta.

Acostuma tiralas?

Normalmente lanza o ‘presi’ (Óscar Martínez), pero agora está lesionado. Cadrou que recibín eu a falta, tireina e saíu ben.

Parece que o gol chama ao gol. A confianza…

É fundamental en todo en xeral. Xa ata no propio partido cambia a túa actuación o feito de marcar. A nivel de confianza supón moito e nótase.

Tiveron un tramo intermedio negativo. Cal foi a clave para superar a mala xeira?

Creo que ten moito mérito o de todos os xogadores, pero tamén destacar que o adestrador cambiou o esquema para que nos sentiramos máis cómodos e dende entón levamos oito puntos de doce. O equipo séntese cómodo e desfruta xogando.

"O adestrador cambiou o esquema para que nos sentíramos máis cómodos"

Como formaban antes e como agora?

Antes cun 4-2-3-1 e agora saímos en 5-2-1-2.

De que está a xogar?

Eu xoguei de mediapunta tres dos catro partidos e, este último, de dianteiro con Gabri.

Antes estaba no Tordoia, no grupo 2 da Primeira Futgal. Que cambia entre estas dúas ligas?

É unha liga máis nova en canto á media de idade. Ou esa e a sensación que me da. E a nivel de xogo búscase saír dende atrás, menos fútbol directo. Alí hai equipos que che complican a vida porque lles da igual ‘rebentala’ cincuenta veces.

Cal lle ven mellor ás súas características?

Eu penso que a da Coruña (risas). Son pequeno, non destaco por ir a duelos.

Que obxectivos ten no fútbol en canto á categoría a acadar?

Iso un pouco segundo vaia indo. Non me plantexo un obxectivo, senón desfrutar, e no Marte estouno a facer moito. Que o hobby sexa un hobby.

Que xogador da súa Liga non pode faltar nesta sección?

Eu diría Óscar Martínez. Agora está lesionado, pero paréceme o mellor co que xoguei.

É do seu equipo, pero deixarémolo por ser un mito...

Vale, perfecto! (risas).

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620