Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Rugby 

A Coruña acollerá o Campionato de España de Rugby Inclusivo 2026

A competición será o 20 de xuño, contará con doce equipos e terá coma escenario a Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias

Imaxe do acto de presentación do Campionato de España
Imaxe do acto de presentación do Campionato de España
Andy Pérez
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

A concelleira de Benestar Social, Participación e Igualdade, e vicepresidenta da Fundación Emalcsa, Nereida Canosa, informou este xoves de que A Coruña acollerá,  o vindeiro 20 de xuño, o Campionato de España de Rugby Inclusivo 2026. 

O evento, unha das principais citas do deporte inclusivo a nivel estatal, conta co apoio do Concello da Coruña e da Federación Galega de Rugby, e tamén coa valoración favorable da Real Federación Española de Rugby (RFER) tras a candidatura presentada polo club coruñés. 

A través deste acordo, sustentado grazas a un convenio subscrito entre a Fundación Emalcsa e o CRAT, o Concello reforza a súa aposta polo deporte como ferramenta de inclusión, convivencia e transformación social, e consolida unha liña de traballo que desde hai máis dunha década promove iniciativas deportivas con impacto social na cidade. 

Na rolda de presentación, Nereida Canosa puxo en valor a historia, percorrido e implicación do CRAT, “un club vencellado á cidade desde a súa fundación, que contribuíu de maneira decisiva ao crecemento do rugby na Coruña e que mantén un compromiso constante cos valores que están detrás deste evento: o respecto, o esforzo compartido, o apoio mutuo e o sentido de pertenza a un equipo”. 

A edila, acompañada polo presidente do CRAT, Aurelio de Tena; o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, e membros da directiva do club coruñés, fixo fincapé no encaixe natural deste campionato nunha das liñas estratéxicas da Fundación Emalcsa —representada no acto pola súa presidenta, Bettina Kohlhaas—, o deporte solidario e inclusivo. 

“É unha aposta que vimos sostendo desde hai máis dunha década a través da nosa convocatoria anual, na que colaboran numerosos clubs coruñeses que traballan man a man co tecido social da cidade”, precisou Canosa, quen tamén agradeceu o apoio incondicional de Gadis a este programa. 

O campionato terá lugar na Cidade Deportiva da Torre-Arsenio Iglesias e reunirá, previsiblemente, doce equipos de toda España nunha programación que combinará competición, actividades de convivencia e accións de sensibilización arredor da accesibilidade e da diversidade. 

A competición permitirá poñer en valor o deporte baseado na participación compartida de persoas con e sen discapacidade, nun formato que promove o respecto, a cooperación e a igualdade de oportunidades dentro e fóra do campo. 

A elección da Coruña como sede responde tanto á traxectoria da cidade no impulso de políticas vinculadas ao deporte inclusivo como ao traballo desenvolvido polo CRAT e polo seu equipo inclusivo, CRAT SHARKS, primeiro equipo de rugby inclusivo de Galicia e referente autonómico e estatal desde que foi creado no ano 2021. 

A celebración deste campionato coincidirá, ademais, co inicio dos actos de conmemoración do 50 aniversario do CRAT, fundado en outubro de 1976. Ao longo destas cinco décadas, o club consolidouse como unha das entidades históricas do rugby galego e destacou polo seu compromiso coa integración, a diversidade, o deporte feminino e a transmisión dos valores propios do rugby, como o respecto, a solidariedade, a disciplina e o traballo en equipo. 

Con esta iniciativa, o Goberno de Inés Rey continúa traballando xunto ás asociacións, clubs e entidades da cidade para fortalecer o posicionamento da Coruña como cidade comprometida coa inclusión e coa organización de grandes eventos deportivos con impacto e consolida un modelo no que accesibilidade, convivencia e participación forman parte central da vida comunitaria.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620