Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Atletismo

A Deputación da Coruña presenta un Circuíto 2026 con 36 carreiras

O evento chegará á zona metropolitana de A Coruña o 15 de agosto, data de celebración da XXXIII Carreira Popular Concello de Cambre

Imaxe dunha carreira do Circuíto de 2025
Imaxe dunha carreira do Circuíto de 2025
Cedida
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
LICEO-620X50

A Deputación da Coruña publicou este luns no Boletín Oficial da Provincia a relación de probas que integran o XII Circuíto de Carreiras, unha iniciativa consolidada que volverá levar o atletismo popular a 36 concellos da provincia ao longo de 2026 e que o pasado ano reuniu a arredor de 18.000 atletas de todas as idades. 

As probas desta edición comezaron a pasada fin de semana coa celebración da Carreira Popular Pascua de Padrón, unha das probas máis consolidadas do calendario. 

O circuíto estará composto por 36 carreiras que incluirán probas de distintas distancias, adaptadas a diversos niveis de participación. A seguinte será, o 12 de abril, a Carreira Popular Concello de Vimianzo. 

O Circuíto chegará á zona metropolitana de A Coruña o 15 de agosto, data de celebración da XXXIII Carreira Popular Concello de Cambre.

O deputado de Deportes, Antonio Leira, destacou “a boa acollida que ten cada ano o circuíto e o traballo conxunto entre a Deputación, os concellos e a Federación Galega de Atletismo para garantir probas ben organizadas e abertas a todo tipo de participantes”. 

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina