Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
O Noso Deporte | Ciclismo

O Día da Bicicleta volve este domingo na Coruña

O recorrido terá saída dende a praza de María Pita e tras pasar polo Paseo Marítimo e as Escravas, voltará ao punto de arranque

Día de la bici en 2025
Día de la bici en 2025
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

O Concello da Coruña e a Asociación Galega de Xornalistas do Deporte (Agaxorde) colaboran na organización da nova edición do Día da Bicicleta, unha marcha de carácter familiar, sostible e solidaria que terá lugar este domingo 28 na Coruña, con saída dende a praza de María Pita ás 10.30 horas e que pasará polo Paseo Marítimo, chegará ás Escravas e voltará a María Pita. 

Imos, paso a paso, amosando que A Coruña aposta polos hábitos saudables e tamén pola mobilidade alternativa”, indica o edil de Deportes, Manuel Vázquez, que subliña a importancia que teñen eventos coma o Día da Bicicleta pola súa vocación solidaria.

As inscricións da marcha son gratuítas e as persoas participantes poderán apoiar a actividade da Institución Benéfico Social Padre Rubinos achegando alimentos non perecedoiros (aceite, arroz, pasta, legumes, cacao, café soluble…).

O depósito dos alimentos poderá efectuarse na recollida de acreditacións para a marcha (venres, 26 de xuño: de 17.00 a 20.00 horas e sábado, 27 de xuño: de 10.00 a 20.00 horas, no Centro Comercial Cuatro Caminos). Ademais, a programación polo Día da Bicicleta irá seguida de actividades para todos os públicos, na praza de María Pita, onde haberá clases de zumba, deportes alternativos e inclusivos e xogos tradicionais.

Tamén haberá sorteos e agasallos. Outra das novidades que incorpora a presente edición é a celebración dun percorrido guiado limitado a 25 participantes que se celebrará o sábado 27 a partir das 19.00 horas e no que o guía turístico Suso Martínez liderará un roteiro explicando retrincos de historia dalgúns puntos significativos do traxecto previsto para o día seguinte

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620