Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Subvencións

A Deputación apoia con 2,1 millóns de euros a preto de 300 clubs da provincia

O HC Liceo e o Uni Ferrol de baloncesto reciben a cantidade máis alta, 54.561,23 euros cadanseu

O HC Liceo recibe unha das dous axudas más altas do ente provincial
O HC Liceo recibe unha das dous axudas máis altas do ente provincial
Carlota Blanco
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620

A Deputación da Coruña vén de publicar a concesión provisional dun total de 2.158.429,97 euros destinados a soster o funcionamento de preto de 300 clubs deportivos de toda a provincia. 

Esta importante inxección económica unifica o apoio da institución a dous piares fundamentais: os clubs que participan en competicións de ámbito local, provincial ou rexional, que reciben algo máis dun millón de euros para máis de 180 entidades, e os que participan en competicións estatais e internacional, que recibirán máis de 1,1 millóns. 

No máis alto nivel destacan o Hockey Club Liceo e o Universitario de Ferrol (baloncesto), clubs que reciben o máximo, 54.561,23 euros. Nun segundo nivel están, cunha axuda de 44.361,23, dous entidades de fútbol sala, O Parrulo Ferrol e o Noia FS. A terceira más beneficiada é, con 36.600, o Salesianos herculino. A cuarta subvención da Deputación máis alta é para o Club Ferrol Atletismo (33.100). 

Outras entidades deportivas por encima dos 20.000 euros son de baloncesto, o Escola Xiria Carballo (24.601,03) e o Maristas Coruña (23.455,63). O Club de Rugby Arquitectura Técnica (CRAT), cuxo equipo feminino está clasificado para a final da Copa da Raiña e para as semifinais da liga de División de Honra, percibirá unha axuda de 8.744,83 euros. 

Afrontar o día a día

O investimento global permite que o tecido deportivo da provincia afronte con garantías os gastos derivados do día a día, adaptándose ás necesidades de cada categoría. No caso do deporte de base, os fondos van destinados a cubrir custos como as mutualidades, as fichas, as taxas de arbitraxe e a compra de material. 

Por outra banda, a liña de para os clubs que participan en competicións nacionais e internacionais axuda a paliar o enorme esforzo loxístico que supón competir fóra de Galicia, financiando desprazamentos, aloxamentos, servizos médicos especializados e seguros de responsabilidade civil para máis de cen entidades. 

O deputado de Deportes, Antonio Leira explicou que “estas axudas permiten que os clubs poidan seguir funcionando sen ter que estar pendentes de se os cartos dan para chegar a fin de tempada”.

Leira engadiu que “competir fóra de Galicia ou manter un equipo en marcha durante todo o ano ten un custo moi alto, e moitos clubs non poderían asumilo sós. O que buscamos é que ese esforzo non recaia só nas familias ou nas propias entidades, senón que haxa un apoio público que lles permita centrarse no importante: adestrar, competir e seguir potenciando a práctica do deporte na provincia entre a mocidade”, explicou.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620