O Concello presenta a Carreira Enki no Barrio 2026
O acto, conducido polo titular de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego, contou coa participación de cinco centros educativos

O Concello presentou este xoves a Carreira Enki no Barrio 2026, nun acto ao aire libre que contou coa participación de cinco centros educativos e do concelleiro de Educación, Formación e Innovación Tecnolóxica, Juan Ignacio Borrego.
O CEIP Curros Enríquez foi o esceario da presentación dunha iniciativa orientada a promover os valores da inclusión, a convivencia e a participación entre o alumnado.
A actividade, que se celebrará o 17 de outubro no Campo de Marte, contará coa participación de cinco centros educativos do barrio: CEIP Víctor López Seoane, CEIP Cidade Vella, CEIP Zalaeta, CEIP Torre de Hércules e o propio CEIP Curros Enríquez, impulsor da proposta.

Durante o acto, púxose en valor o compromiso da comunidade educativa co desenvolvemento de proxectos que promoven hábitos saudables e reforzan a cohesión social desde as idades máis temperás, en liña co traballo que o Goberno de Inés Rey vén desenvolvendo nos centros educativos da cidade.
A Carreira Enki no Barrio consolídase así como unha iniciativa que promove a colaboración entre centros e a participación activa do alumnado, contribuíndo á construción dunha cidade máis inclusiva e igualitaria. A proba deportiva inclusiva reuniu o pasado ano a 15.000 participantes na cidade, consolidándose como unha referencia neste ámbito.








