Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Boxeo 

A Coruña acollerá tres veladas nos derradeiros meses de 2025

O Rocódromo e o Egeo CrossBoxing, escenarios da segunda e da terceira; a primera terá lugar a mediados de novembro

Un dos combates dunha velada celebra na Coruña en maio deste ano
Un dos combates dunha velada celebra na Coruña en maio deste ano
Javier Alborés
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
620_dans_relojeros_redideal_251215_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina

O Concello da Coruña albergará tres destacadas veladas de boxeo no que resta de ano, consolidando o compromiso coa promoción do deporte e co apoio ao talento local. As citas, que se celebrarán en distintos espazos deportivos da cidade, reunirán a deportistas de toda Galicia e outras comunidades, cun formato que combina combates amateurs, neoprofesionais e profesionais. 

A primeira destas veladas desenvolverase os días 15 e 16 de novembro, organizada pola Federación Galega de Boxeo en colaboración co ximnasio Fight Factory. O programa inclúe o Open de Boxeo Cidade da Coruña 2025, nas categorías júnior, xuvenil, élite e profesional, así como o Campionato Galego de Boxeo en Idade Escolar, cun marcado carácter formativo e de promoción do deporte entre a mocidade.

A segunda será o venres 29 do mesmo mes, ás 19.00 horas, no rocódromo municipal, organizada polo club Azteka Box. A xornada contará con dez combates amateurs, tres neoprofesionais e un combate profesional, con participación de deportistas da Coruña, Noia, Compostela, Vigo, Padrón, Pontevedra, Gijón e a Comunidade de Madrid. 

A terceira e derradeira velada do ano terá lugar o venres 12 de decembro, ás 19.00 horas, no centro Egeo CrossBoxing, situado no polígono de Pocomaco. O evento incluirá seis pelexas de aficionados e dous neoprofesionais, entre os que destaca o Campionato Galego Neo‑Profesional na categoría de -75 quilos. A maioría dos participantes serán da cidade da Coruña, con representación tanto masculina como feminina. 

“A Coruña aposta polo deporte, tamén polo boxeo, unha disciplina en auxe que transmite valores como a disciplina, o esforzo e o respecto. Estas veladas representan unha oportunidade para dar visibilidade aos nosos deportistas e ofrecer á cidadanía espectáculos deportivos de primeiro nivel”, suliñou o concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez. O edil tamén destacou que “este tipo de iniciativas contribúen a achegar o deporte á cidadanía e poñer en valor o talento local”. 

O Concello da Coruña anima á veciñanza a coñecer de preto o traballo que están a desenvolver os clubs e escolas de boxeo da nosa cidade, co obxectivo de reforzar a práctica deportiva e xerar espazos de convivencia arredor do deporte. 

0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina
0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos