Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

A miña vida en branquiazul | Mónica Villar: “Grazas ao Deportivo podo dicir que me sinto máis galega”

Nacida e criada en Londres, aínda que con raíces en Malpica, esta seareira retornou a Galicia cumprindo un dos seus soños, poder seguir máis de preto ao Dépor

Mónica Villar, animando ao Dépor
Mónica Villar, animando ao Dépor
CEDIDAS
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Nacín en Londres e crieime alí coa familia. Os meus avós emigraron e os meus pais tivéronme alí. Cando era ben pequena xa sabía que había un clube da nosa cidade que estaba facendo cousas moi boas a nivel nacional, pelexando cos grandes por títulos pero descoñecía a importancia a nivel social que tiña o Dépor

Cando empecei na universidade, con 18 anos, xa tiñamos outros medios para seguir os partidos. Internet supuxo unha revolución informativa, polos móbiles xa podiamos saber os resultados dos encontros e dispor de moita máis información do noso equipo. 

Aínda que poida soar un pouco cursi teño que decir que o sentimento branquiazul non entende de distancias; en Londres antes de que se formase a peña RCD London xa levábamos moito tempo quedando xuntos para ver os partidos do Deportivo e organizar viaxes na medida do posible para asistir aos derbis contra o Celta

Amolábame bastante non poder estar cada quince días en Riazor pero polo menos tiñamos sempre esa ilusión intacta de poder estar en partidos determinantes a carón do noso equipo, animando e celebrando os éxitos cando estes se produxeron. 

Grazas ao Deportivo podo dicir que me sinto máis galega, é unha forma de ter un vínculo máis forte coa nosa terra. Sempre digo que eu síntome híbrida, non son inglesa ao cento por cento nin galega ou española na súa totalidade, teño dúas culturas fusionadas e o Deportivo unifica estas dúas realidades. 

Mónica Villar, xunto a Fernando Vázquez
CEDIDAS

De nena ia a un colexio español en Londres e eramos todos fillos e netos de emigrantes, o Deportivo era un modo tamén de combater a morriña, un nexo entre a colectividade galega. 

Nesa escola había moitos seareiros do Deportivo, tamén coincidía cos mellores tempos do clube e iso sempre axuda tamén. Lembro con moita felicidade os ascensos que acadamos na época recente, significaron moito na miña vida, son grandes lembranzas. A nivel persoal sentín unha inmensa felicidade ao poder coñecer a Fernando Vázquez nun desprazamento que fixemos a Alcorcón, con gol no último minuto incluido. 

Por desgraza non puiden vivir os títulos que ergueu o clube porque era bastante pequena pero evidentemente que disfrutei ao máximo cos retornos a Primeira e tamén a Segunda División. Fixen varias viaxes co equipo pero sen dúbida quero subliñar o extraordinarios que resultaron os dous de Salamanca para visitar a Unionistas en Primeira RFEF. Houbo unha sintonía total entre afeccións e todo o que envolveu aos partidos foi xenial. 

Este ano, no que xa estou residindo en Arteixo, teño pensado —ademáis de ir a Riazor sempre— poder viaxar ata Burgos ou Valladolid nesta segunda volta da liga. En todos estes anos nos que levo seguindo ao Deportivo o meu xogador preferido foi Valerón, de feito foi o meu primeiro ídolo. Era moi bo no campo e tamén fóra tiña esa aura de humildade que o facía aínda mellor. 

Mónica Villar, con amigos en Alcorcón
Mónica Villar, con amigos en Alcorcón
CEDIDAS

Esta tempada escapáronse puntos de Riazor que non terían que ter fuxido mais estamos nunha situación privilexiada para poder aspirar ao ascenso a Primeira. Espero que sexamos capaces de dar o nivel no derradeiro tramo da competición ligueira; ás veces prefiro non ilusionarme demasiado para non levar os chascos que levamos na historia recente ante equipos como Mallorca ou Albacete. En caso de voltar a Primeira tería que pensar a miña celebración, habería que preparar algo especial, sería fantástico.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620