Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

A miña vida en branquiazul | Alberto Rodríguez: "O título de Liga coincidiu co meu aniversario, non voltei á casa en días"

Tras ter recollido a testemuña do deportivismo do seu pai, este coruñés está orgulloso de transmitir ese mesmo sentimento aos seus fillos

Alberto Rodríguez posa para este diario en Riazor
Alberto Rodríguez posa para este diario en Riazor
CEDIDAS
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_bonilla_redideal_251121_veronica
liceo620
MCDONALDS 620X50

Eu empecei a ir ao estadio co meu pai cando estabamos en Segunda División, non lembro á perfección pero xuraría que o meu primeiro encontro en Riazor foi contra o Eibar ou o Sestao. 

Eu era un cativo e normalmente iamos á grada de Marathón, cando o horario laboral seu era compatible, visitabamos sempre o estadio. Tamén teño boas lembranzas do Teresa Herrera. Daquela non era necesario sacar entrada para os nenos porque te colaban os adultos. Houbo partidos que marcaron a miña vida de rapaz, como por exemplo o ascenso contra o Murcia ou a promoción fronte ao Tenerife. As dúas citas significaron sendas explosións de ledicia para a cidade, así como tamén a permanencia ante o Betis na campaña 1991-92

Alberto Rodríguez, ca súa familia
CEDIDAS

No ano 1994 decidín facerme socio do club, polo que levo 32 tempadas acompañando ao Deportivo. Para min o sentimento deportivista é moi importante, de pertenza, do noso, de orgullo, da cidade. 

O Deportivo é algo do que sentirse moi orgulloso porque sendo pequenos fixemos cousas moi grandes no mundo do fútbol. Estivemos cinco anos seguidos xogando a Liga de Campións, acadamos títulos... Era algo que a finais dos anos oitenta semellaba impensable. O fútbol na Coruña non era o deporte predominante. O hóquey era quizais máis seguido, co Liceo e o Dominicos, do que son tamén afeccionado. Dende que vou a Riazor sempre tiven presente que me encantaría transmitir a miña paixón aos meus fillos e resulta unha grande experiencia persoal poder asistir aos partidos con eles. 

Fíxenos socios no mesmo intre en que naceron e o que máis desfruto é poder ir con eles ao fútbol. Debo matizar que a min non me gusta este deporte, a mín gústame o Dépor, os partidos da casa e tamén de vez en cando algún desprazamento lonxe de Riazor. 

O ambiente previo é excepcional pola camaradería que se respira, polo tema de socializar e compartir algo do noso, da nosa esencia. Considérome un afortunado porque me tocaron vivir tempos inesquecibles cunha idade moi bonita para gozar da época dourada do Dépor. Entre as mellores sensacións está, obviamente, o título de Liga, que coincidiu co meu aniversario —21 anos—. Foi unha festa espectacular, teño recordos un pouco difusos, isletas na miña memoria. Non voltei á casa en días, foi irrepetible para un seareiro dun equipo pequeno, foi algo marabilloso. 

Alberto Rodríguez, co seu fillo nunha das portas de Riazor
CEDIDAS

A Copa do Rei do Centenariazo tamén foi brutal porque estaba todo preparado para que nós fósemos o convidado de pedra da festa do Madrid. No capítulo de noites tristes, os descensos a Segunda foron complicados pero a peor con diferenza foi o intento de ascenso fallido ante o Albacete. Estaba co meu fillo no campo e doeume moito velo triste. Os máis novos non tiñan vivido as noites de gloria que nós puidemos experimentar. 

Historicamente Bebeto marcoume, pero sobre todo Djalminha, foi un xogador irrepetible, era doutro nivel e tivemos o privilexio de gozar do seu fútbol varios anos. 

Os reforzos de inverno gustáronme moito este ano e vexo máis ou menos ben ao grupo; esta liga é moi competitiva, estamos relativamente ben na clasificación, pero boto de menos algo máis de regularidade na casa. Espero que nas últimas xornadas poidamos estar entre o grupo dos favoritos e logo xa veremos.

0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_dans_relojeros_redideal_260109_cristina
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
PRIMERA-LINEA-620
lacabaña620