Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

Miguel Loureiro: "Damián e Samu están preparados para axudar se o míster o necesita"

O xogador de Cerceda falou do cambio que ten que asimilar nun mesmo partido cando pasa de xogar de lateral a facelo de central

Miguel Loureiro conduce la pelota durante el partido contra el Valladolid
Miguel Loureiro conduce la pelota durante el partido contra el Valladolid
Patricia G. Fraga
620_dans_relojeros_redideal_251212_cristina
0620_liceo_redideal_251121_tamara
0620_pazo_santa_cruz_redideal_251121_cristina
0620_puertas_delfin_redideal_251212_cristina
0620_wayalia_redideal_251121_carlos
0620_arte_floral_calo_251121_carlos
0620_fundacion_vs_251121_tamara
0620_matraz_redideal_251121_carlos
0620_obradoiro_redideal_251121_tamara
0620_resonac_redideal_251125_tamara
0620_bonilla_redideal_251121_veronica

O central Miguel Loureiro recoñeceu en sala de prensa que o Deportivo vive un momento complicado na parcela defensiva debido as baixas, á espera de coñecer o parte médico de Lucas Noubi. 

Lesións. "Son cousas normais que pasan durante a tempadas, coas lesións de Escu e Ximo e o tema de Lucas (Noubi) si que e certo que nos últimos partidos tivemos algún contratempo. Os demais xogadores temos que empurrar máis, coidarnos o máximo posible e estar preparados, que quedan partidos importantes e temos que estar os máximos dispoñibles".

Que ten Noubi? "Non sabemos, semella que non vai ser nada grave, faranlle probas e veremos o alcance. A priori parece que é cousa pequena e que estará dispoñible o antes posible". 

Cómodo como lateral e central. "Intento adaptarme a calquera posición, onde o míster decida, o que sexa necesario. Estou a gusto aí tamén (como lateral dereito) é a posición que máis tempo levo facendo, pero onde o equipo precise. A maior parte do tempo xoguei de lateral, pero o fútbol vai evolucionando. Son un xogador mais ben defensivo e dependendo do que o míster queira. No Huesca actuei máis nesa posición que agora ocupa Lucas. Tento fixarme nos aspectos e adaptarme a diferentes posicións". 

Diferencias entre a posición de lateral e a de central. "Cando xogo de central tento ter máis calma, pararme, estar máis tranquilo e ter máis a pelota nos pés. Tes que elixir ben e tomar as decisións correctas. No lateral o que tes é mais exixencia a nivel físico, tes que facer máis cousas co balón e non ter tanta mentalidade defensiva. Pero tamén depende do partido. Son as cousas que teño que ter na cabeza para tentar adaptarme o máis rápido posible, sobre todo cando teño que facer o cambio no medio dun encontro". 

Opcións para os canteiráns. "Desde que cheguei aquí quedei sorprendido co nivel do Fabril. Fanse as cousas moi ben dende abaixo. Sempre hai rapaces adestrando con nós todos os días. Demostran un nivel fantástico. Tamén na súa competición estano facendo fantástico, e tamén o fixeron na pretempada con nós. Están preparados para axudar e dar o nivel se o míster o precisa, estou convencido". 

Consello a Barcia? "Consello ningún, que siga traballando como o está a facer. O outro día fixo un partido incrible. O míster toma as decisións e a Antonio gústalle intervir moito en función do que vexa en cada partido, do rival e das nosas características. A súa campaña está sendo fantástica, fixo un partidazo e deu un pase de gol que nos deu os tres puntos. Estamos moi contentos co rendemento de toda a xente do equipo". 

Conclusións tras o primer terzo de liga cumprido. "Tentar poñer en valor o que estamos facendo e ser conscientes. Cada semana temos una proba de dificultade, darse conta do que costa gañar os partido e agora que levamos esta racha tan boa hai que darlle moito valor e celebrar cando se gaña. É moi difícil acadar esa regularidade e esa boa xeira e para min iso é o mais importante. Darlle valor o grupo e o traballo do equipo".

O Dépor non domina, pero remata gañando. "Creo que é mais unha sensación que hai fóra, non creo que os rivais teñan esa sensación cando xogan contra nós. Podemos adaptarnos a diferentes tipos de encontros, temos moitas armas e podemos amoldarnos a non ter a pelota e ser perigosos pola xente que temos arriba. Outras veces podemos dominar os partidos. Despois do encontro co Ceuta pode quedar esa sensación de que o final toca defender, pero é algo natural nesta categoría. E esa forma de gañar reforza o equipo e da a sensación de que somos quen de sufrir, algo que é fundamental. E a nivel máis de filosofía e de cultura de equipo axuda e reforza. Os partidos están máis controlados do que semella". 

Partido contra o Albacete. "Será un encontro perigoso, nun campo difícil, como foi o do Arcángel. Teñen individualidades moi boas e todos sabemos o complicado que vai ser, pero temos moitas ganas de manter esa boa dinámica". 

Antonio Hidalgo. "El ten moita experiencia na categoría, como xogador e logo como adestrador. Sabe que nesta liga estos momentos (os malos) hai que pasalos. O mais importante é como os pasamos, el transmitiunos esa calma e confianza e o equipo soubo pasar esos intres. Lograr a vitoria en Zaragoza deunos tranquilidade e ó final os bos resultados reforzan ó míster e ó equipo. Dende dentro notamos a tranquilidade e a confianza, temos claro o camiño, el marcouno dende o primeiro día. Lévao por bandeira e témolo todos gravado". 

0620_mayores_redideal_251121_tamara
0620_opticalia_redideal_251121_veronica
0620_sergio_ruiz_redideal_251212_carlos
0620_talleres_hercules_redideal_251121_veronica
0620_tinytown_redideal_251121_veronica
0620_alba_cocinas_redideal_251121_cristina
0620_bico_redideal_251125_tamara
0620_buceo_galicia_redideal_251121_cristina
0620_casa_marabina_redideal_251121_carlos
0620_danza_10_redideal_251121_tamara
0620_hitos_redideal_251121_tamara
0620_mampaplus_redideal_251121_cristina