Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?

Mi cuenta

Las notificaciones están bloqueadas. ¿Cómo desbloquear?
Dépor

Villares quere a un Deportivo que defenda "apertando arriba"

O capitán di que unha das causas da derrota en Santander foi "meterse atrás" e recoñece que ao equipo lle "custa un pouco máis defender o área"

Antonio Hidalgo da instrucciones a Villares durante el Racing-Dépor
Antonio Hidalgo da instrucciones a Villares durante el Racing-Dépor
Fernando Fernández

O capitán Diego Villares foi protagonista na rolda de prensa ofrecida polo Deportivo na mañá deste mércores. O vilalbés repasou a actualidade do equipo, marcada pola mala xeira de resultados, e resaltou que o vestiario sabe que debe "manter a tranquilidade" porque é habitual pasar por malos momentos. 

Ademais, explicou que el considera que o Dépor debe, sempre sabendo as virtudes do rival que "ten en fronte", ser un equipo que defenda cara diante porque aí síntese "máis cómodo".

Análise do partido de Santander: “Tivemos tempo a falalo esta semana. Ata o noso gol e un pouco máis, estivemos bastante ben posicionados sobre o campo e o Racing non estaba para nada cómodo. A partir de conceder algunha ocasión non moi clara, empezamos a meternos atrás”.

Debe do Dépor ou virtude do Racing: “Podemos poñer un pouquiño ambas. É verdade que nós pecamos de meternos un pouco máis atrás do normal, pero tamén polo ímpeto que poñía o Racing, que ataca por esa banda esquerda e xunta a moitos xogadores nese lado”.

Baixas en defensa: “Non podemos facerlle nada. Son lesións que nos doen porque sempre che gusta que esteamos todos dispoñibles e que o míster teña máis posibilidades. Pero sabemos que é algo que está no día a día do futbolista. Toca convivir con iso e traballar para que sexan as menores lesións posibles”.

Un Dépor difícil de batir e agora o contrario: “Sabemos como é esta categoría e que vai haber malos momentos. Vimos de dous campos complicados, que sabíamos que ían ser dúas saídas difíciles. Teremos máis xeiras coma esta, esperemos que non moitas máis. Pero cando veñan malas, toca seguir traballando para cambialas canto antes".

El peso de la ausencia de Ximo: “Era un xogador que por banda da moito e que pode adaptarse a varias alturas e modelos de xogo. É unha baixa sensible, pero tempos compañeiros de moita calidade que poden xogar aí".

Posible volver a ver a un Dépor como el de las primeras jornadas: “Claro que si, porque o traballamos durante a semana. Estamos traballando duro, o míster aperta máis si cabe e temos gañas de volver a xogar na casa".

Cómo se xestiona dentro o no poñerse nervioso polos resultados: “Está claro que a ninguén lle gusta a semana despois dunha derrota. Tes gañas de que chegue o partido seguinte para resarcirse. Pero é un tema de tranquilidade. No vestiario hai xente veterana como para saber que estas xeiras van existir ao longo dunha tempada máis dunha vez. Por iso debemos ter tranquilidade, que isto é moi longo. Quedan 32 xornadas. Son moitos partidos e moitos puntos por diante”.

Falaches con Hidalgo pola posibilidade de xogar de defensa?: “Nunca tivemos unha conversación específica sobre iso. Pero o míster sabe de sobra que se nos necesita nesa posición a calquera... Na segunda parte de Santander, José Gragera xa puido actuar facendo máis de terceiro central. Se eu o teño que facer nalgún momento, aí estarei disposto a facelo”.

Mellor de mediocentro: “Penso que a todo o mundo o sitio no que se sinte máis cómodo é a súa posición natural. Pero por algo adestras todos os días, por algo te preparas para cando faga falta algo dentro do equipo estar dispoñible e preparado”.

Como se sinte máis cómodo o equipo defendendo?: “A clave é esa, dependendo da forma que teña de xogar o rival. En Málaga intentamos apretar un pouco máis arriba e vimos que eran bastante profundos e capaces de irnos ao espazo, de xogar con última liña e ser gañadores. Temos que ser conscientes do rival que temos en fronte e das súas características, pero a partir de aí, como máis cómodos nos debemos sentir é apertando arriba porque defendendo o área nos costa un pouquiño máis. Canto máis alonxes aos dianteiros desa posición, mellor para todos”.

Valladolid e problemas propios: "Non falamos aínda nada de Valladolid. Nestes días últimos da semana prepararemos o partido a nivel táctico. Polo que puidemos comentar, é un equipo que centra moito e debemos mellorar aí".

Exprimir: “Despois dunha derrota, sempre intentas dar un pouquiño máis e exprimir un pouco máis. O míster aperta máis que nunca e nós esixímonos ao máximo uns a outros".

Reencontro con Trilli e Guille Bueno: “Con Guille non coincidín moito, un pouquiño na tempada co Fabril. Con Trilli vivín bos e malos momentos aquí. Pasamos de todo. É un amigo, pasamos moito tempo xuntos e pasamos moitas aventuras. Con gañas de volver a velo e de que regrese a Riazor”.

Regreso a Riazor: “É onde máis cómodos nos sentimos, onde mellor estamos co apoio da nosa xente”.