Loureiro: "Estábamos cómodos, pero el empate nos ha hecho mucho daño"
El cercedense reconoció que "faltó contundencia" en el área en el 1-1, que cambió el partido

Miguel Loureiro fue el primer futbolista del Deportivo en comparecer tras la derrota en El Sardinero ante el Racing (2-1). En la entrevista flash de la televisión con derechos, el cercedense destacó que el gol contrario antes del descanso marcó un punto de inflexión de cara al desenlace final, ya que veía a su equipo "cómodo" defendiendo. Posteriormente, profundizó más en zona mixta y recalcó que el plan estaba saliendo bien.
Segunda derrota seguida. "Estamos jodidos. Era un partido importante. Veníamos con muchas ganas de sacar os tres puntos. Rival complicado, de calidad. Diferentes momentos. Hemos arrancado bien. Ellos iniciativa, lógico. Nos ha hecho daño el empate. El equipo ha tenido oportunidades para empatar. A seguir, que esto acaba de empezar".
Dinámica del partido. "Estábamos defendiendo bien. Sabíamos que ibamos a tener fases defensivas largas. Estábamos a gusto, juntos. En esa jugada dentro del área tenemos que ser un poco más contundentes. Hoy era un día complicado".
El apoyo de la afición. "Gracias a la afición. Hacen un trabajo incansable. Es una gozada. Los sentimos muy cerca y eso nos va a dar mucha fuerza para toda la temporada. Ánimo para la vuelta. Vamos a ganar y sacar los tres puntos en Riazor".
Sensación. "Doídos. Ilusion por conseguir os tres puntos. Empezamos moi ben e conseguimos poñernos por diante. O plan de partido estaba saíndo perfecto. O minuto no que nos meten fixo moito dano, xusto antes de ir ao descanso. Na segunda metade non estivemos tan ben. Meten o segundo e a partir de aí, a remar. O equipo tivo opcións para conseguir o empate, pero isto é moi largo. Toca seguir traballando e analizar o partido de xeito frío na casa. Somos optimistas e temos gañas de que chegue a semana que vén para competir e sacar os tres puntos diante da nosa xente".
¿El equipo se hundió de más? "Non temos esa sensación. Creo que é lóxico. Analizar agora é o complicado porque hai que ver o partido repetido. A miña sensación dentro do campo é que empezamos moi ben. Incluso saíndo desde atrás eramos capaces de construír. Nese bo momento fumos capaces de poñernos por diante. Eles, perdendo 0-1 e na súa casa, de xeito lóxico dan un paso cara diante. Lanzan máis xente á presión e estábanos costando saír. Empezamos a xogar un pouco máis en longo e a partir de aí, eles fanse con balón e empurran un pouco máis. Pero penso que non estabamos incómodos. Estabamos defendendo moi xuntos, que era moi importante porque eles buscan recibir moito entre liñas e atacar os espazos a partir de aí. O equipo estaba xunto e concedemos disparos fóra da área, pero penso que máis aló do gol non fan ocasións. Na segunda parte si que nos faltou un pouquiño máis. O feito de defender máis atrás dábanos a posibilidade de atacar espazos. Non fumos capaces de xerar esas situacións para meter o segundo".
La dificultad de adaptarse a los cambios constantes. "Antonio é un adestrador que lle gusta cambiar cousas e lle gusta analizar que está facendo o rival, por onde facerlle dano e por onde nos estamos sufrindo máis durante os partidos. É capaz de ver o fútbol e saber que situacións son máis ventaxosas para nós. Nós, como futbolistas, debemos estar moi concentrados. Facémolo durante a semana. Son cousas que traballamos e que estamos perfectamente capacitados para facer. Evidentemente hai cousas que se proban durante os partidos que non saen. Cando o equipo rival te está desaxustando un pouco hai que cambiar cousas para darlle a volta e cambiar a inercia. Creo que dentro dos partidos hai situacións que cambian esa inercia. Na segunda parte, no momento no que somos capaces de facer a primeira ocasión, cambia o partido e conseguimos empurrar un pouco máis. O fútbol moderno esixe moito a nivel táctico e creo que somos un equipo moi completo nese sentido. Estamos preparados para facelo".
Puntos a mejorar. "Se facemos o balance das dez xornadas, é positivo. Non estamos contentos porque queríamos gañar, pero isto acaba de comezar. Sabemos como é a Segunda, moi igualada. Este ano incluso máis igualada. Hai que estar tranquilos. Cando todo é optimismo e todo son bos resultados, é moi fácil sumarse. Nestes momentos é onde se ven os equipos, se todos estamos xuntos e se somos capaces de darlle a volta a esta situación. Aí é onde se constrúen os equipos gañadores. Confío moitísimo en todos os meus compañeiros. Hai un talento brutal e confío a nivel humano neste grupo moitísimo".
Bache. "Como digo sempre, cando miramos cara atrás podemos coller a racha de partidos que queiramos e facer unha análise positiva ou negativa. Agora levamos unha xeira peor. É evidente e non o vou negar. Hai que corrixir cousas e facer moito traballo nos aspectos que nos penalizaron. Pero tamén hai cousas positivas que o equipo segue facendo igual que cando conseguía os bos resultados. Manter a xeira sen perder era imposible. Hai que ser conscientes do que é esta categoría. Somos inconformistas, ambiciosos e ir a gañar a todos os campos".
Análisis dentro del vestuario. "As análises dentro teñen que ser moito máis profundos cos que se fan fóra. Nós non podemos deixarnos levar pola euforia ou polo pesimismo. Debemos ser máis analíticos. O primeiro o corpo técnico e despois nós, os xogadores. Facemos autocrítica e esa é unha parte moi importante do traballo que hai que facer. É unha realidade que vimos dunha mala xeira de resultados e temos máis gañas ca nunca de cambiar esa xeira. Hai que mandar unha mensaxe de traquilidade. Isto acaba de comezar. Imos competir moito e dar moita guerra. Vai acabar ben a cousa, por suposto".
Regreso a Riazor. "Estabamos un ambiente tremendo. Dá gusto xogar na casa, co apoio da nosa xente. É fundamental facerse forte na casa para sacar calquera obxectivo cara diante. Hai que demostrar que Riazor é un campo complicado . Creo que o estabamos facendo así e agora temos moitas gañas de volver á nosa casa despois de dous partidos complicados fóra. Animar a todo o mundo a que veña a fin de semana e dar esas grazas polo apoio".
