
Lucía Pardo: "Fun moi feliz na Real Sociedad, pero cría que me merecía outras cousas"
A atacante do Deportivo fala sobre os seus primeiros meses en A Coruña e repasa a súa saída da entidade donostiarra
Leva só tres meses no Deportivo, pero xoga como se levase toda a vida enfundada na elástica branquiazul. Lucía Pardo (Outeiro de Rei, Lugo, 2000), a mellor fichaxe da dirección deportiva no mercado de verán, non está defraudando e en pouco tempo demostraa súa bagaxe como futbolista. En cada palabra denota esixencia, pero o seu sorriso de orella a orella reflexa tranquilidade e, sobre todo, pasión polo seu traballo.
Volta á competición tras o parón internacional. É das que prefire desconectar ou seguir pensando no fútbol?
No parón prefiro desconectar, sí. Dous ou tres días polo menos.
O domingo o equipo ten a oportunidade de volver ao camiño da victoria contra o Eibar, a revelación do inicio de tempada.
Como todos os partidos da temporada, da liga, creo que vai ser un moi, moi difícil. Ir xogar a Eibar sempre é difícil. É un equipo que defensivamente é do mellorciño. Ten as ideas moi claras e todas son moi responsables, xa se viu que solo encaixaron nun partido. O foco creo que vai estar en intentar desgastar á defensa e intentar conseguir un gol… Non sei se rápido porque tampouco hai que ter presa, pero sí que nos viría ben para que se abran un pouco máis e poder xogar máis cómodas.
Como leva o vestiario o feito de levar menos puntos dos que se merecen?
A sensación é difícil, sobre todo cando acaba o partido, porque te ves moitas veces, en moitos tramos, sendo superior, pero non consegues ese último gol ao final. Pero creo que se o día seguinte ves caras largas, ves que doe… A min non me gustaría ver o contrario. Cando empeza a semana temos a capacidade de cambiar ese chip, e que unha vez pasa o día seguinte xa vamos outra vez todas a unha. E creo que iso nos está dando moita enerxía e suma moito no día a día.
E como o leva no plano persoal?
Mentiría se che digo que é fácil. É verdade que é difícil, sobre todo en algúns partidos. Recordo o do Espanyol, porque teño un par de ocasións e se tes tres, tes que marcar polo menos unha. Isto é así, a Liga é así. É difícil porque levamos menos puntos dos que mereciamos, pero ao final merecer dá igual, os resultados son os que son e temos que apretar máis porque a esixencia é esta. Estamos no camiño correcto, estamos entrenando ben e a ilusión e a intensidade están. Tamén creo que os resultados van acabar caendo polo seu propio peso e polo traballo que estamos facendo.
Acórdase das ocasións falladas contra o Espanyol, preocúpalle non ver porta?
Non me preocupa, pero é verdade que son unha persoa moi esixente comigo mesma. Sí que ó día seguinte igual estaba… Bueno, o propio día e ó día seguinte estaba moi queimada, moi queimada, estaba moi enfadada comigo mesma. Pero ao final tampouco me volvo loca. Despois, en frío, sí que son consciente de apoiarme nas sensacións positivas que teño, porque en cada partido están sendo positivas. Síntoma moi a gusto desde que cheguei, foi unha adaptación moi rápida. É verdade que sí, falta o gol, pero tampouco me poño como ese peso encima, porque creo que estou aportando desde outras facetas. Creo que o gol vai chegar porque estamos traballando para iso. A min non me importa que meta eu ou que meta outra, a cousa é conseguir os goles. Da igual se é Lucía ou se é Millene, o importante é que cheguen máis para conseguir os puntos.
Son unha persoa moi esixente comigo mesma, pero tampouco me volvo loca"
Segue dándolle voltas aos partidos cando chega á casa?
Sí, seguro, porque me esixo moitísimas cousas, porque creo que o podo facer mellor. Chego á casa e vexo o partido outra vez, ata dúas se fai falta. Moitas veces dígome: “joder, Lucía, se era moito máis fácil”. Pero claro, velo desde fóra é moito máis fácil. Gústame volver a ver os partidos porque ás veces as sensacións son diferentes. Trato de ser consciente nos entrenamientos, de verme outra vez en situacions para saber o que pasou nese momento de partido para así poder decidir de forma diferente e mellorar. A min gústame, son unha persoa moi metódica e moi traballadora en iso, sobre todo para poner o foco nas cousas negativas, porque cando todo sae ben, non fai falta poñelle tanto o foco.
E como é cando non ten que pensar no fútbol?
Son unha persoa súpertranquila, son moi feliz con moi pouco. Sobre todo, que agora aínda o valoro máis ao estar cerca, gústanme os plans tranquilos, ir pasear co meu can e ca miña familia… A min iso xa me fai moi feliz, non me fai falta nada máis. Vir entrenar e estar de risas tranquil, facer algunhas bromas cas compañeiras…. Son feliz con moi pouco.
Que lle pide Alberto? Porque a estamos vendo con liberdade.
Sí, sobre todo esa liberdade de decidir, de moverme por onde vexo os espazos... Creo que a forma de entender o fútbol é un dos meus pilares, unha das miñas mellores facetas. Este ano estou dando un paso a nivel físico, a nivel de esforzo físico, por iso tamén me está costando máis chegar na última zona. Pero é adaptación e vai chegar. Sobre todo pídeme que teña esa liberdade e que me atreva na última liña, que aporte aí.

Que crítica ou consello futbolístico a marcou?
Pois unha vez, José Luis Sánchez Vera, díxome algo que me calou moito. Díxome algo como “eres moi boa en todo o difícil, pero pecas nas decisiós fáciles. Tes todo o fútbol, pero ás veces fai falta acertar no fácil. Fas xestos moi difíciles porque che salen innatos, pero ás veces necesitamos o fácil para, en vez de que che salgan cousas, dar continuidade e saír”. Quedoume moi marcado. Agora pásame que ao mellor recupero o balón e penso: “vale, xoga fácil”. É como ter ao anxo e ao demo.
Imaxino que tivo ventaxa na adaptación… Cantas gañas tiñas de volver?
Tiña moitísimas gañas de volver á casa. Levaba anos fóra. Son unha persoa, como xa ves, moi familiar, moi da casa. Faime moi feliz estar aquí. Por exemplo, nos días libres sempre me vou á miña casa. E a min iso súmame un montón. Acabar de entrenar, irme ao meu día libre, estar ca miña familia, a min iso dáme a vida. E máis despois de estar cinco anos fóra.
Como foi estar tantos anos fóra?
Ao principio moi fácil, tamén porque me fun a Madrid e alí tiña a meus padriños. Pero o último ano xa se me estaba facendo un pouco máis pesado. Nunca é fácil irse, sobre todo se eres así. Se eres un pouco máis independiente, en ese sentido, é máis fácil.
Deixar o Friol e irse a Madrid era un paso necesario para ser futbolista profesional?
Si, totalmente. É verdade que tiven oportunidades antes de salir. Tambén estaba estudando bacharelato. Sempre se me inculcou que os estudios son moi importantes na miña casa. Eu quería acabalo tamén, porque ao final, por desgraza, cando isto se nos acaba, temos que facer algo máis. Creo que foi o momento xusto e estou contenta con cando se tomou a decisión e como se tomou a decisión, tamén a de ir a donde fun, porque fun moi feliz alí tamén.
Nunca te chamara antes o Dépor?
Sí, sí (risas). Pero deuse agora e estou moi feliz.
Como foi ese proceso?
Sempre houbo máis opcións, pero pesoume moito o que xa falamos, o estar cerca. Tamén o proxecto que se me presentou e o que eu quería, que era dar un paso máis no que se refire a Lucía como xogadora. Era unha cuestión de meterme un pouco máis esa presión. Non no sentido malo, pero sí no de dar un paso adiante e ter outro rol. Chamoume a atención todo o proxecto e cando cheguei aquí xa foi rodado, foi todo bastante fácil de elegir.
Sempre houbo máis opcións, pero pesoume moito o estar cerca"
Xa tiña pensado saír da Real Sociedad?
Foi moi difícil, porque fun moi feliz alí tamén, obviamente. Fun moi feliz na Real Sociedad, unha cousa non quita a outra, pero ao final cría tamén que me merecía outras cousas. Xurdíu así, houbo máis cousas pero xurdíu así. Pesoume máis isto e estou moi orgullosa da decisión que tomei.
Vaise da Real deixando ó equipo clasificado para a Champions. Vaise unha máis tranquila cando o obxectivo está cumplido?
Sí, sobre todo por sentir que aportaches, que axudaches, de que puxeches ese gran de area para que a Real estivese aí. Considero que mereciamos estar aí. O que máis me costou foi o feito de dicir “agora que o conseguimos vou saír”. Pero iso vai quedar aí sempre e estou moi orgullosa do meu paso pola Real Sociedad. Creo que son a persoa que son tamén polo meu paso por alí.
Polo seu pasado está chamada a ser unha das líderes do Dépor. Como leva esa presión?
A final non me pesa nada. Nunca me puxen esa presión. Sempre me poño certa presión, porque son así, son competitiva, odio perder, pero non me puxen esa esixencia de máis. Sei o que teño que facer, hai moitas cousas que teño que mellorar, cen por cen. Pero tamén creo que estou no camiño correcto, estou moi tranquila comigo mesma porque sei que estou traballando moito para iso. Non teño unha presión excesiva. Temos unha mezcla boa de xente con experiencia e xente moi xove.
Sempre me poño certa presión, porque son así, son competitiva, odio perder, pero non me puxen esa esixencia de máis"
Como é ser unha das veteranas do vestiario con 26 anos?
O ano pasado na Real xa eramos unha plantilla de xente xove, entón xa me fun adaptando un pouco. En Madrid non porque era das máis novas. Pero bueno, con 26 anos ser das maiores é algo raro, nunca me pasara tanto. Ten a súa parte negativa e a súa parte positiva, pero non me pesan os anos.
Gústalle dar consellos ás máis novas?
Non, non. Non teño ese tipo de personalidade, non son moi así. Prefiro axudar no campo, xogando sáeme moito máis que fóra do campo. As novas dan a vitalidade e as maiores esa pausa, pero creo que o contraste é positivo.
Cal é a compañeira que máis lle sorprendeu?
Millene. Xa coñecía obviamente a Millene, todo mundo sabe da gran xogadora que é, pero creo que pola capacidade de gol, de asociarse, de entender o fútbol, é a xogadora que máis me sorprendeu.
E da máis novas, algunha que ao mellor non tiña tan controlada?
Por exemplo, unha das que non coñecía tanto, Redru. Foi unha das que máis me sorprendeu.
Que lle gustaría que se dixese no vestiario sobre a súa figura a final de tempada?
Pois, sobre todo, que que fun unha boa persoa, traballadora e boa compañeira.
Foi a primeira goleadora da historia da Liga Profesional de Fútbol Feminino. Que sentimento lle produce anos despois?
Foi algo dificil de darse porque xusto a esa hora xogaba o Barça, así que era raro que marcasemos nós primeiro. Obviamente que lle dou moito valor porque é algo difícil de conseguir, sobre todo no meu primeiro ano na Primeira División. Pero tampouco é algo no que pense moito, de feito no momento non fun consciente. Cando pasa o tempo sí que lle das ese valor porque literalmente é algo que queda para sempre, para a historia.
Que obxectivos lle quedan por cumplir a Lucía Pardo?
O meu obxectivo principal é seguir desfrutando como cando era unha nena no patio cos meus amigos. É o único obxectivo que teño a día de hoxe e é o único no que penso.
Non aparece a selección española absoluta?
Se aparece, aparecerá. Pero aparecerá como consecuencia de algo.


